A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLEU UNHA REUNIÓN CON EUROPARLAMENTARIOS CONVOCADA POLA CONFERENCIA ESPAÑOLA DE CONSELLOS REGULADORES VITIVINÍCOLAS (CECVR)

Notas de prensa
11/30/2022
11/30/2022
30/11/2022

A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLEU UNHA REUNIÓN CON EUROPARLAMENTARIOS CONVOCADA POLA CONFERENCIA ESPAÑOLA DE CONSELLOS REGULADORES VITIVINÍCOLAS (CECVR)

Madrid, 25 de Novembro de 2022.-O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, deu a benvida aos distintos representantes que acudiron á reunión convocada pola Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV).

Asistiron ao devandito encontro:

    • Dolors Montserrat, Europarlamentaria do Grupo Partido Popular Europeo (PP).
    • Adrián Vázquez Lázara, Europarlamentaria do Grupo Renew Europe (Cidadáns).
    • Eugenia Rodríguez Palop, Europarlamentaria do Grupo da Esquerda no PE (Podemos).
    • Juan Francisco Serrano Martínez, Deputado do Grupo Socialista (PSOE).
    • Mazaly Aguilar, Europarlamentaria do Grupo dos Conservadores e Reformistas Europeos (VOX).
    • David Palacios Algarra, Presidente CECRV.
    • Jesús Mora Cayetano, Coordinador Xeral CECRV.
    • Fco. Javier Maté Caballero, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA)

As denominacións de orixe de viño consideran que as súas necesidades, demandas e potencial deben ser tidos en conta por parte das institucións da Unión. E desexan e traballan por que as institucións poidan velas como aliados e pancas de cambio nalgunhas destas transformacións. Na reunión intercambiaron información, coñecemento e posición entre as DDOO e os Membros do Parlamento Europeo do noso país de todos os grupos políticos con representación na Eurocámara e máis concretamente en Comisións con competencias nas reformas aludidas, especialmente, aínda que non só, a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural (ComAGRI) e a Comisión de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria (ComENVI), así como con representantes das citadas formacións políticas.

30 Novembro 2022
Notas de prensa
Imaxes