A Casa de Galicia en Madrid acolleu as xornadas organizadas pola FEDERACIÓN EFAs de Galicia cos equipos directivos dos centros de Promoción Rural EFA de toda España

Notas de prensa
04/29/2022
04/29/2022
29/04/2022

A Casa de Galicia en Madrid acolleu as xornadas organizadas pola FEDERACIÓN EFAs de Galicia cos equipos directivos dos centros de Promoción Rural EFA de toda España

O obxectivo destas sesións é fomentar a innovación e o emprendemento no medio rural

Os equipos directivos de Centros de Promoción Rural EFA de toda España, integrados en UNEFA, desenvolveron na Casa de Galicia en Madrid unhas xornadas sobre innovación e emprendemento organizadas pola Federación EFAS de Galicia.

Sesenta profesionais de 20 escolas familiares agrarias de toda España coñeceron os pormenores da nova lei da formación profesional e as súas repercusións na empregabilidade; a importancia da innovación social no medio rural foi abordada nunha sesión impartida por Jorge  Barrero, director xeral da Fundación COTEC. Carlos Ruano, project manager de Caixabank Dualiza puxo o foco na relevancia da orientación na FP Dual e Mónica Moso, responsable do centro de coñecemento e innovación Caixabank Dualiza, presentou o informe “2021 Observatorio FP Caixabank Dualiza”. O programa completouse con formacións sobre comunicación e habilidades emocionais e innovación educativa.

“O actual paradigma socioeconómico avócanos a tomar consciencia da  necesidade de seguir apostando pola formación como pedra angular da fixación de poboación e da dinamización dos nosos territorios, tal e como vimos facendo nas EFAs desde hai máis de 50 anos. A nosa experiencia na metodoloxía da alternancia aula-empresa e na orientación persoal e profesional é clave para a inserción laboral e a formación integral do noso alumnado” afirmou Gabriel Tirapu, presidente da Federación EFAs de Galicia á vez que agradeceu a acollida e disposición da Casa de Galicia en Madrid. 

29 Abril 2022
Notas de prensa
Imaxes