CELÉBRASE NA CASA DE GALICIA EN MADRID O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Notas de prensa
05/30/2023
05/30/2023
30/05/2023

CELÉBRASE NA CASA DE GALICIA EN MADRID O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A Casa de Galicia foi lugar de celebración o sábado, 27 de maio, para a celebración do Día das Letras Galegas.
A encargada de levar a cabo esta iniciativa foi á Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA) lembrando así, que aínda lonxe de Galicia, os galegos galegas temos unha lingua propia.
Francisco Fernández del Riego foi o protagonista, aproveitando o LX aniversario no que foi o propio Fernández del Riego quen promoveu a creación desta efeméride para a cultura e a lingua galega.
No acto na  Casa de Galicia estiveron Horacio Rico, presidente de Fagama; membros da Agrupación Rosalía de Castro; Fernando Gómez, presidente da Xuntanza de Alcobendas; Carlos de Blas, da Enxebre Orde da Vieira; Elisardo Flores Pintos, tesoureiro do Centro Gallego; Julio Ancochea, presidente de Asomega, ou ao presidente do Centro Galego de Madrid, Fernando Rey Paz, entre outros moitos amigos e amigas. 

O escritor estradense Xosé Lúa Sanmartín foi o encargado de pronunciar unha conferencia sobre Fernández del Riego no acto organizado por Fagama na Casa de Galicia de Madrid. Nela destacou o seu papel de ponte entre os galeguistas máis modernos e as xeracións anteriores, así como entre a Galicia da diáspora e a dos que quedaron. Un papel, ademais, desempeñado dunha maneira tan cordial que chegou a ser chamado "o ministro de Exteriores de Galicia".

Exemplo da magnífica e fluída relación que Del Riego mantiña coas comunidades galegas de fóra é a seguinte anécdota: o editor tivo nas súas mans a primeira edición de "Cen anos de soidade", de García Márquez, publicada en Buenos Aires, antes de que chegase a España.

Otero Pedrayo, Florencio Delgado Gurriarán, Luís Seoane ou Celso Emilio Ferreiro son algúns dos autores que axudou a difundir, en moitos destes casos con certo risco por ser artífices dun tipo de literatura social non ben considerada entón.

Xosé Lúa concluíu afirmando que Fernández del Riego "era unha persoa boa e xenerosa que levaba a Galicia no corazón".

O acto rematou coa actuación do cantautor Emilio Rúa. 

30 Maio 2023
Notas de prensa
Imaxes