Cristina Fernández Núñez expón na Casa de Galicia en Madrid "LISTEN:SILENT", unha selección das súas últimas creacións

Notas de prensa
04/05/2011
04/05/2011
05/04/2011

Cristina Fernández Núñez expón na Casa de Galicia en Madrid "LISTEN:SILENT", unha selección das súas últimas creacións

A Casa de Galicia en Madrid acolle ata o 29 de abril, nas súas salas A e L, a mostra de pintura da artista viguesa Cristina Fernández Núñez, co título "LISTEN:SILENT", unha selección con preto dunha trintena de cadros de diferentes formatos. A moza creadora xoga coas palabras "escoita e silencio", que en inglés soan moi similar e ademais utilizan case os mesmos carácteres. "Para escoitar, é necesario o silencio e tamén dito ao revés ten sentido", di.

Madrid, 5 de abril de 2011.- A Casa de Galicia en Madrid acolle ata o 29 de abril, nas súas salas A e L, a mostra de pintura da artista viguesa Cristina Fernández Núñez, co título "LISTEN:SILENT", unha selección con preto dunha trintena de cadros de diferentes formatos. A moza creadora xoga coas palabras "escoita e silencio", que en inglés soan moi similar e ademais utilizan case os mesmos carácteres. "Para escoitar, é necesario o silencio e tamén dito ao revés ten sentido", di.

No acto de inauguración, o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez Pérez, recordou que "Cristina volve expoñer nesta Casa despois de oito anos de ausencia. Se naquela ocasión os protagonistas da súa mostra foron os seus exquisitos e modernos bodegóns, nesta sono as súas meditados e atormentadas paisaxes".

Na súa intervención, a autora aproveitou para explicar a cantas persoas asistiron ao acto unhas cantas suxestións para gozar dos efectos ópticos que algúns cadros brindan ao espectador. "Segundo o lugar no que se coloque, a percepción da obra vai ser diferente. A obra non cambia, pero a percepción si, e ata pode apreciarse nela movemento, que por suposto non existe,". Isto acontece, por exemplo na titulada Calquera lugar dá costa, un díptico a 90º, realizado para ser colocado no vértice de dúas paredes, que espertou grande expectación.

A paisaxe unifica toda a exposición, e xunto cos efectos ópticos, tamén está o xogo de combinar "a soltura das pinceladas coas liñas que atravesan ou interrompen as paisaxes". A finalidade de "estas intromisións" é deixar patente a intervención humana, "liñas arquitectónicas, que permiten intuír a súa presenza". E por último está outro grupo, "pinturas encaixadas querendo co continente reforzar o carácter da propia pintura como imaxe, como unha postal para o recordo".

Cristina Fernández Núñez crea as súas propias paisaxes galegas "que non corresponden a ningún lugar en concreto", pero que son capaces de ofrecer esa indescritible atmosfera que caracteriza o ambiente da Terra.

Fernández Núñez é licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, coa especialidade Restauración de Pintura. E da súa obra actual di a súa galerista, Silvia Amarelo: "A pintura meditada de Cristina, reflíctenos unha paisaxe atormentada pola calma, o sono de dous mundos que se encontran, que nos invitan a escoitar en silencio, un silencio que se escoita". Máis información http://www.cristinafernandezestudio.com

05 Abril 2011
Notas de prensa
Imaxes