Exposición ""Os Camiños de Santiago"", no Palacio de Comunicacións de Madrid

Notas de prensa
12/18/2019
12/18/2019
18/12/2019

Exposición ""Os Camiños de Santiago"", no Palacio de Comunicacións de Madrid

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Madrid, estreita colaboradora da Casa de Galicia, ofrecerá na Sala de Exposicións do Palacio de Comunicacións de Madrid a exposición titulada "Os Camiños de Santiago", unha mirada aos últimos 35 anos da peregrinación a Compostela a través dos Congresos Internacionais de Asociacións Xacobeas.

Na mostra poderán contemplarse os carteis que identificaron cada Congreso cun resumo dos seus obxectivos, conclusións e actuacións que impulsaron ao Camiño de Santiago nas tres últimas decadas, reflectido no plano dos Camiños a Santiago que actualmente percorren o territorio nacional.

Tamén unha interesante introdución ao próximo XII Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas que se celebrará en Madrid do 21 ao 24 do mes de maio, con grandes expectativas.

Tras a inauguración oficial o mércores 18 de decembro ás 12,00 horas, a mostra poderá verse ata o día 19 e seguidamente iniciará un amplo percorrido por diferentes salas e institucións de diversas comunidades.

Na exposición tentaron cubrir varios aspectos. En primeiro lugar, recuperar a historia dos Congresos Internacionais Xacobeos, desde o primeiro en Jaca de 1987, e que marcaron a historia dos Camiños de Santiago nestes últimos anos.

E fixérono a través dos carteis dos once congresos anteriores e o do próximo, sobre a XII cita. Coas conclusións de cada un deles e os acontecementos máis importantes entre un e outro; ademais con libros e guías históricas da biblioteca da Asociación considerada como "unha das mellores nestes temas".

En segundo lugar, expoñer varios mapas de gran tamaño, cos Camiños de Santiago na Península Ibérica e Europa, para "poñer de manifesto o traballo inxente das asociacións xacobeas europeas que recuperaron máis de 250 camiños con 80.000 km sinalizados".

E, en terceiro lugar, unha selección de fotografías do concurso que realizaron este ano no que se premiaron as mellores dos Camiños de Santiago na Comunidad de Madrid, por unha banda, e por outra do resto de Camiños en España.

A exposición permanecerá aberta ata o día 19 e posteriormente comezará un percorrido por toda España en 2020 e o Ano Santo 2021.

Lugar: Sala de Exposicións de Correos (Palacio das Comunicacións)
Praza de Cibeles.

Entrada pola c/ Montalbán, 1 de Madrid.

Información facilitada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Madrid

 

18 Decembro 2019
Notas de prensa
Imaxes