AS EXPOSICIÓNS, “REALIDADES FRAGMENTADAS” E “PERPENDICULARIDAD PARALELA”, DOS IRMÁNS AMADO, XA PODEN VISITARSE DESDE ONTE NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Notas de prensa
05/09/2024
05/09/2024
09/05/2024

AS EXPOSICIÓNS, “REALIDADES FRAGMENTADAS” E “PERPENDICULARIDAD PARALELA”, DOS IRMÁNS AMADO, XA PODEN VISITARSE DESDE ONTE NA CASA DE GALICIA EN MADRID

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración das exposicións "Realidades fragmentadas” e “Perpendicularidad paralela”. Baixo eses dous títulos, os irmáns López Amado, Norberto e Santiago, inauguraron xuntos unha mostra do seu traballo artístico.

Porque para os dous irmáns, Galicia e, en especial, as súas raíces do barrio ourensán de A Ponte, están sempre moi presentes. “Que bonito poder convidar en Madrid a que a xente vexa na Casa de Galicia algo que é tan noso e ao mesmo tempo tan emocional”, afirmaron.

Ao evento asistiron numerosos directores, guionistas fotógrafos e actores de cine, entre os que se puido ver, entre outros, a Carmelo Díaz,  Lucía Jiménez ou Benito Sagredo.

As exposicións poderán visitarse nas salas Álvaro Cunqueiro, Emilia Pardo Bazán e Camilo José Cela, da Casa de Galicia en Madrid, ata o próximo, 31 de maio, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

09 Maio 2024
Notas de prensa
Imaxes