INAUGURADA A EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA, “KUMANO E SANTIAGO. CAMIÑOS DE PEREGRINACIÓN” NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Notas de prensa
06/06/2023
06/06/2023
06/06/2023

INAUGURADA A EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA, “KUMANO E SANTIAGO. CAMIÑOS DE PEREGRINACIÓN” NA CASA DE GALICIA EN MADRID

A Casa de Galicia acolle desde onte unha mostra composta por fotografías do Camiño Kumano-Kodo, unha das peregrinacións máis importantes que teñen lugar en Xapón e que xunto co Camiño de Santiago, compoñen os dous únicos camiños de peregrinación do mundo catalogados pola UNESCO, en 2004, como Bens Patrimonio da Humanidade. Ambos os camiños están irmandados desde o verán de 1998.

A exposición inaugurouse en 2009 na prefectura de Wakayama, con itinerancias en Tanabe, meta da ruta, e en Tokyo; posteriormente en Santiago de Compostela e París.
A mostra, organizada por Turismo de Galicia, contou coa presenza de Ildefonso de la Campa, director do Xacobeo, que destacou que “O Xacobeo foi un éxito colectivo, un éxito de toda Galicia”. Durante a súa intervención, detallou as cifras “espectaculares” que fixeron do último Xacobeo un acontecemento histórico como acreditan as  438.000 compostelas do pasado ano, e todo parece indicar que este verán se repetirán cifras marca.  

O director do Xacobeo explicou que as singulares paraxes naturais que compoñen o camiño Kumano de peregrinación contan cun rico patrimonio artístico.

Xeograficamente, Galicia está no fin do mundo occidental e Wakayama está ao final do mundo oriental, e a relación entre elas traspasa a fronteira das diferenzas entre relixións e culturas e o público pode sentir os palpitares dos peregrinos que transitan a ruta. A peregrinación une, e fainos ser conscientes de como vivir a vida. A través da peregrinación deber mostrar respecto cara á natureza, ledicia e agradecemento pola nosa existencia.

A obra de Luís Alonso Ocaña e Tomohiro Muda, contou coa axuda do municipio de Tosukawa e da prefectura de Nara, onde o Camiño de Kumano conserva viva unha tradición milenaria.

Dúas esquinas do planeta, dúas culturas, dúas maneiras de ver as cousas, dous fotógrafos, dúas maneiras de mirar.

A exposición “Kumano e Santiago. Camiños de peregrinación” poderá visitarse na sala Emilio Pardo Bazán e Camilo José Cela, da Casa de Galicia  en Madrid ata o próximo 31 de xullo, en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.
Saúdos do Gabinete de Comunicación Casa de Galicia en Madrid

06 Xuño 2023
Notas de prensa
Imaxes