INAUGURADO NA CASA DE GALICIA EN MADRID O CICLO DE CONFERENCIAS DO SEMINARIO JOSÉ ANTONIO CIMADEVILA
A Casa de Galicia en Madrid colabora na celebración do “Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos” que organiza a Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, cuxo obxectivo é ser en Madrid un lugar de reflexión sobre o Camiño de Santiago e toda a realidade diversa que o fenómeno da peregrinación creou.
Na conferencia inaugural, que leva por título “Mensaje y Leyendas del Pórtico da Gloria”, interviu Javier Fernández Díaz, galego residente en Valladolid, docente durante máis de corenta anos e membro da Asociación Jacobea Vallisoletana, e a presidenta da asociación Cimadevila, Maria Luisa Muñoz Martínez de Salina.
17 Novembro 2023
Notas de prensa