Inaugúrase a exposición de fotografía "Lito Pareidolia", de Eduardo Cimadevila

Notas de prensa
04/06/2022
04/06/2022
06/04/2022

Inaugúrase a exposición de fotografía "Lito Pareidolia", de Eduardo Cimadevila

Onte, martes, 5 de abril, tivo lugar na Casa de Galicia en Madrid a inauguración da exposición de fotografía de Eduardo Cimadevila titulada "Lito Pareidolia. Unha mirada aos montes da Pedra do Cadro". Trátase dunha selección de 56 imaxes de berrocales graníticos dos montes de Pando situados na ría de Muros e que, baixo a particular mirada do fotógrafo, reflicten formas de animais mariños, cuadrúpedos, aves ou figuras antropomórficas de seres míticos. Esta orixinal exposición, froito do traballo de seis anos, poderá visitarse ata o 29 de abril inclusive nas dúas salas principais da Casa de Galicia.

O acto de inauguración, ao que acudiu numeroso público, correu a cargo do vicesecretario da Secretaría Xeral de Presidencia da Xunta de Galicia, Jesús Navazo, quen comezou dando a benvida a todos os asistentes que se achegaron a acompañar ao fotógrafo nesta inauguración e, seguidamente, pasou a palabra a Eduardo Cimadevila, quen relatou de maneira breve a súa vinculación afectiva a esta zona de Galicia situada entre Esteiro e Abelleira,  e as razóns que o levaron a realizar esta mostra fotográfica, que non é outra que dar a coñecer un patrimonio natural descoñecido, máxico e que permanece oculto nesta parte da ría de Muros. 

Seguidamente tomou a palabra Javier Navas, economista, investigador e autor do prólogo do catálogo da mostra, o cal ofreceu unha interpretación máis técnica dos montes de Pando, deu a coñecer os relatos míticos que viran ao redor deles e aclarou o significado do título da exposición. Finalizou a súa intervención recomendando esta exposición pola súa calidade estética, pola súa orixinalidade e polo fascinante do lugar onde se atopan este conxunto de moles graníticas que, debido á acción erosiva do vento e a choiva, conforman unha paisaxe máxica que merece a pena ser coñecido.
 

06 Abril 2022
Notas de prensa
Imaxes