JAVIER VÁZQUEZ, DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID, PARTICIPOU NA HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DOS ATENTADOS TERRORISTAS DO 11-M ORGANIZADO POLA AVT

Notas de prensa
03/14/2024
03/14/2024
14/03/2024

JAVIER VÁZQUEZ, DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID, PARTICIPOU NA HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DOS ATENTADOS TERRORISTAS DO 11-M ORGANIZADO POLA AVT

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no tradicional acto que organiza cada ano a Asociación Vítimas do Terrorismo (AVT) en homenaxe ás 193 persoas que perderon a vida e máis de 2.000 feridos nos atentados terroristas do 11 de marzo de 2004, que se celebrou no Bosque do Recordo do Parque do Retiro da capital. 

Coincidindo co Día Europeo das Vítimas do Terrorismo e no 20º aniversario destes fatídicos atentados, Javier Vázquez estivo presente na ofrenda floral dedicada aos falecidos, as súas familias, servidores públicos e todos aqueles que participaron altruistamente nesta xornada. Tamén se realizou unha solta de globos brancos, un por cada persoa que faleceu.
 

14 Marzo 2024
Notas de prensa
Imaxes