JAVIER VÁZQUEZ INAUGURA A II EDICIÓN DOS CURSOS DE LINGUA E CULTURA GALEGA QUE ORGANIZA A CONSELLERÍA DE CULTURA E A SECRETARÍA XERAL DE PRESIDENCIA EN COLABORACIÓN COA CASA DE GALICIA EN MADRID

Notas de prensa
10/10/2023
10/10/2023
10/10/2023

JAVIER VÁZQUEZ INAUGURA A II EDICIÓN DOS CURSOS DE LINGUA E CULTURA GALEGA QUE ORGANIZA A CONSELLERÍA DE CULTURA E A SECRETARÍA XERAL DE PRESIDENCIA EN COLABORACIÓN COA CASA DE GALICIA EN MADRID

O director da Casa de Galicia en Madrid , Javier Vázquez, participou  no acto de inauguración da II edición dos cursos de lingua e cultura galega que organizan a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Secretaría Xeral de Presidencia en colaboración coa Casa de Galicia, e que consta de 70 horas. Desenvolverase ata o próximo mes de xuño.
Vázquez Prado deulle a benvida en nome da Xunta aos máis de vinte alumnos aos que trasladou a importancia que posúe a proxección exterior da lingua e da cultura galega para o Goberno de Galicia. O director incidiu tamén no interese de seguir mantendo o contacto cos alumnos ao finalizar o curso e na conveniencia de seguir realizando as súas achegas á lingua galega desde os respectivos campos do saber.
Ata finais de xuño, os alumnos participarán en clases teóricas e prácticas de lingua e literatura co obxectivo de que lles permita ter unha visión o máis completa posible da cultura e da sociedade galega de hoxe.
 

10 Outubro 2023
Notas de prensa
Imaxes