JUAN SERRANO DÁ A BENVIDA Á PRESENTACIÓN DO LIBRO, “EL PUERTO DE LA CORUÑA EN EL CAMINO INGLÉS A SANTIAGO DE COMPOSTELA” NA CASA DE GALICIA

Notas de prensa
11/30/2022
11/30/2022
30/11/2022

JUAN SERRANO DÁ A BENVIDA Á PRESENTACIÓN DO LIBRO, “EL PUERTO DE LA CORUÑA EN EL CAMINO INGLÉS A SANTIAGO DE COMPOSTELA” NA CASA DE GALICIA


    • O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou xunto co director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, na presentación do libro ‘El puerto de La Coruña en el Camino Inglés a Santiago de Compostela’, de Alfonso García López.

Madrid, 30 de novembro de 2022.- O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, animou hoxe os madrileños desde a Casa de Galicia en Madrid a camiñar á comunidade galega na recta final deste Xacobeo 21-22 e tamén nos próximos anos para seguir mantendo récord de peregrinos como neste 2022, no que xa se superan os 434.000. Así o destacou no acto de presentación do libro El porto da Coruña no Camiño Inglés a Santiago de Compostela, do autor Alfonso García López, no que estivo acompañado polo director da Casa de Galicia, Juan Serrano que dixo, referíndose a Diego Calvo, que “é unha honra para a Casa de Galicia recibir a visita dun home honesto, traballador e un xestor contrastado”.

A obra de Alfonso García revela a importancia que tiveron entre os séculos XI e XVI as peregrinacións marítimas a Santiago de Compostela desde os países do norte de Europa e o impulso que supuxo para o porto da Coruña en tránsito de pasaxeiros e movemento de mercadorías. 

O libro revela a importancia que tiveron entre os séculos XI e XVI as peregrinacións marítimas a Santiago de Compostela desde os países do norte de Europa.

Para o porto da Coruña “supuxeron un forte impulso, en pasaxeiros e movemento de mercadorías, a través das frotas dos cruzados, os navíos da Hansa e os buques que arribaban con regularidade desde o sur de Inglaterra, nos anos santos”, explicou García López.

Diego Calvo tamén puxo en valor o traballo da Casa de Galicia en Madrid, que acolleu esta presentación, polo gran labor que realiza na capital de España como centro que reúne todo tipo de actividades culturais e diferentes encontros entre entidades galegas con sede en Madrid, servindo de ligazón para afianzar a relación entre ambas as comunidades a nivel económico ou social.  

30 Novembro 2022
Notas de prensa
Imaxes