MARIANO FISAC PRESENTA NA CASA DE GALICIA O SEU LIBRO “MÁIS GALICIA ENTRE COPAS; UNHA VERSIÓN ACTUALIZADA DO MUNDO DO VIÑO EN GALICIA

Notas de prensa
06/27/2023
06/27/2023
27/06/2023

MARIANO FISAC PRESENTA NA CASA DE GALICIA O SEU LIBRO “MÁIS GALICIA ENTRE COPAS; UNHA VERSIÓN ACTUALIZADA DO MUNDO DO VIÑO EN GALICIA

A Casa de Galicia en Madrid  acolleu a presentación por parte da editorial Hércules de Edicións,  do libro "Máis Galicia entre copas", unha edición renovada e actualizada da obra publicada en 2015, "Galicia entre copas", de Mariano Fisac. En 2029 lanzou coa mesma editorial Viños e lugares para momentos inesquecibles.

Acompañando ao autor estiveron, Dominique Roujou de Boubee, da consultoría de viticultura e enoloxía Terroir en Botella e Laura Rodríguez Herrera, editora de Hércules de Edicións.

Mariano Fisac destacou como xurdiu "Máis Galicia entre copas": “A pesar de levar case dez anos no mercado, Galicia entre copas seguía tendo demanda. Como o viño é algo que cambia e que evoluciona non tiña sentido sacar outra edición do mesmo libro. Había que traballar sobre el e dar a oportunidade á xente que xa o coñece que tivesen unha versión máis actualizada e aos que non, que tivesen unha foto do momento actual e non de hai dez anos”.

Estruturado en cinco capítulos que representan as cinco D.O presentes en Galicia (Ribeiro, Monterrey, Valdeorras, Rías Baixas e Ribeira Sacra) e un engadido capítulo no que se presta atención a viños e produtores de calidade que non se enmarcan dentro deste recoñecemento, o autor realiza “unha viaxe fascinante polos mellores viños do fin do mundo”, como predica o subtítulo do libro. 

A proposta de "Máis Galicia entre copas" continúa sendo a mesma que se expuxo en 2015: “Dar a coñecer o viño en Galicia desde o punto de vista de produtores máis pequenos, artesáns, máis auténticos si cabe e facelo dunha forma amena, accesible, que sexa divertida, moi visual e que o entenda calquera”, sinalou o autor.

Respecto doutras guías ou libros sobre viño, Mariano Fisac destacou dúas características de "Máis Galicia entre copas" que o fan diferente: “Non fai falta ter un coñecemento previo sobre viños, pero aqueles que o coñecen, poderán ter un achegamento sobre o terreo do que ocorre en Galicia. Ademais, todo o que aparece aí visitámolo, falamos cos viticultores, pisamos os viñedos e probamos todos os viños. Está feito desde a proximidade e desde o agarimo” recoñeceu o autor.

27 Xuño 2023
Notas de prensa
Imaxes