O CAMIÑO DE SANTIAGO PREMIADO NOS “TRAVELLERS AWARDS” 2023 DE PERIODISTA DIGITAL

Notas de prensa
01/19/2023
01/19/2023
19/01/2023

O CAMIÑO DE SANTIAGO PREMIADO NOS “TRAVELLERS AWARDS” 2023 DE PERIODISTA DIGITAL

Madrid, 17 de xaneiro de 2023.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, asistiu á celebración da III edición dos Premios “Travellers Awards 2023” para recibir o premio de turismo, xunto a Madrid e á Milla de Ouro do Viño (Valladolid).

No marco da «Semana de FITUR», a Feira Internacional de Turismo de Madrid, Periodista Digital celebrou a terceira edición dos seus premios de turismo. A gala  congregou este 16 de xaneiro, no Centro Rioxano de Madrid, a personalidades do mundo da cultura, política nacional e do turismo internacional.

Serrano fixo fincapé na súa intervención a especial relevancia que tivo o Camiño de Santiago, premiado ao longo do pasado ano en distintos ámbitos, o que pon de manifesto unha vez máis  a magnitude da conmemoración desta celebración a través da internacionalidade do CAMIÑO DE SANTIAGO, así como a difusión da oferta xeral de Galicia ao redor do Ano Santo. 

Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, aproveitou a ocasión para poñer en valor un modelo de turismo do que o ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e agora o actual presidente Alfonso Rueda, da man de Nava Castro, directora de turismo de Galicia ocupáronse de potenciar e poñer no mapa a nivel internacional dando oportunidades non só a cidades, como Santiago de Compostela, senón tamén, a pequenos pobos que fixeron do Camiño de Santiago a súa forma de vida, e sendo motor económico e turístico de moitas comarcas.

19 Xaneiro 2023
Notas de prensa
Imaxes