O CONCELLO DE FRIOL DESEMBARCA NA CASA DE GALICIA EN MADRID PARA PRESENTAR A XXIX EDICIÓN DA SÚA FEIRA DO QUEIXO E PAN DE OUSÁ

Notas de prensa
03/16/2023
03/16/2023
16/03/2023

O CONCELLO DE FRIOL DESEMBARCA NA CASA DE GALICIA EN MADRID PARA PRESENTAR A XXIX EDICIÓN DA SÚA FEIRA DO QUEIXO E PAN DE OUSÁ

Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid deu a benvida ao alcalde de Friol, José Ángel Santos que presentou na Casa de Galicia a Feira do Queixo e Pan de Ousá, que terá lugar o próximo 26 de marzo na Praza Andón Cebreiro e no Parque Rosalía de Castro do municipio.

O director da Casa de Galicia manifestou ter no seu ADN  o rural galego no que traballou desde moi novo e fixo referencia ao queixo tirando do refraneiro para poñer en valor estes produtos que foron degustados tras a presentación por un cento de persoas.

O alcalde do municipio lucense, José Ángel Santos non deixou pasar a ocasión de facer promoción en Madrid da súa maior festa, declarada de Interese Turístico de Galicia en 2022, promover o seu queixo tradicional e o seu pan artesán, as súas paisaxes naturais, situadas no corazón verde de Galicia e, sobre todo, a hospitalidade da súa xente.
A Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá é una cita anual que distingue a Friol como un lugar de referencia gastronómica en Galicia, dous produtos que celebran con moito orgullo neste municipio de Friol, xa que son os seus principais sinais de identidade.
Esta festa tradicional representa o maior escaparate turístico para Friol, e potencia a actividade económica tanto local como na provincia de Lugo, sobre todo do sector primario e dos produtos agroalimentarios.
O alcalde, José Ángel Santos, quere, con esta visita á Casa de Galicia de Madrid, que o pobo de Friol teña unha maior visibilidade en todo o país e tamén fóra del e que a edición deste ano consiga bater récords de asistencia.
 

16 Marzo 2023
Notas de prensa
Imaxes