O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, intervén na inauguración da "Exposición de fotografías del Rastro de Madrid", de Alejandra Seijas

Notas de prensa
09/09/2019
09/09/2019
09/09/2019

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, intervén na inauguración da "Exposición de fotografías del Rastro de Madrid", de Alejandra Seijas

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, interveu na inauguración da "Exposición de fotografías do Rastro de Madrid", de Alejandra Seijas, madrileña descendente de pontevedreses de Lalín e fotógrafa da axencia Lalinpress, que se exhibe na madrileña sala Espacio Rastro Madrid (rúa San Cayetano, 5).

 

Ante unha nutrida representación da colectividade madrileña que acudiu ao acto, Ónega resaltou o labor da fotógrafa, a súa querenza polo coñecido mercado madrileño que se desenvolve cada domingo ao aire libre e a súa vinculación co colectivo de galegos residentes en Madrid. Neste sentido, lembrou que Seijas é membro dunha familia de fotógrafos, profesión que exerceron os seus avós paternos e que continuaron os seus tíos e o seu pai, Manuel Seixas, e resaltou que Seixas é un coñecido fotógrafo nos ambientes galegos de Madrid e o creador da axencia Lalinpress, que toma o nome do seu pobo e informa dos eventos que na capital teñen por protagonistas a Galicia e/ou os galegos.

A mostra está composta por obras que axuntan dúas paixóns de Seijas: as antigüidades e El Rastro, cuxo ambiente e protagonistas retrata cada domingo desde nena, ao punto de que fai catro anos creou Todo Rastro, unha conta de Instagram onde exhibe imaxes dos avatares do coñecido mercado ao aire libre, do que se converteu en cronista gráfica. Agora, a maioría das súas fotografías realízaas co móbil, instrumento que lle permite pasar máis desapercibida que a cámara tradicional.

09 Setembro 2019
Notas de prensa