O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, recibe a un grupo de alumnas de Turismo que se interesan pola oferta de Galicia

Notas de prensa
09/27/2019
09/27/2019
27/09/2019

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, recibe a un grupo de alumnas de Turismo que se interesan pola oferta de Galicia

O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, recibiu hoxe a un grupo de alumnas que cursan o grao de Turismo na localidade madrileña de San Lorenzo del Escorial e acudiron á Casa para asistir a unha presentación de destinos e produtos turísticos de Galicia. Ónega desexoulles unha proveitosa sesión de traballo e resaltoulles a amplitude de posibilidades que Galicia ofrece no ámbito turístico.

 

 

 

A presentación, que estivo a cargo do director da Oficina de Turismo da Casa, Roberto Castro, completa a formación destas alumnas cun coñecemento detallado da oferta turística na Comunidade de Galicia. As estudantes acudiron acompañadas de Adriana Arranz, docente responsable do grupo.
 

 

27 Setembro 2019
Notas de prensa
Imaxes