O DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID, JAVIER VÁZQUEZ, ASISTIU Á VIXÉSIMA EDICIÓN DA ENTREGA DE PREMIOS DA FUNDACIÓN VÍTIMAS DO TERRORISMO

Notas de prensa
12/14/2023
12/14/2023
14/12/2023

O DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID, JAVIER VÁZQUEZ, ASISTIU Á VIXÉSIMA EDICIÓN DA ENTREGA DE PREMIOS DA FUNDACIÓN VÍTIMAS DO TERRORISMO

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, asistiu á entrega de premios da Fundación Vítima do terrorismo (FVT) celebrada no auditorio da Fundación Mutua Madrileña, en Madrid. 

Asistiron, entre outros,  o Defensor do Pobo, Angel Gabilondo,  altos cargos dos ministerios de Interior e Educación e representantes dos grupos parlamentarios. 

O presidente da FVT, Tomás Caballero,  entregou os premios anuais da Fundación, que cumpriu a súa vixésima edición, na que foron premiados,  a Unidade Central de Desactivación de Explosivos (TEDAX-NRBQ) da Policía Nacional e o grupo Vocento.

Ademais, a FVT tamén recoñeceu co Premio Dereitos Humanos Adolfo Suárez ás entidades que integran o mecenado privado da propia Fundación, entre as que figuran Repsol, Fundación Esther Koplowitz, Fundación ICO, Fundación Montemadrid, Fundación ACS, Banco Santander, Fundación Iberdrola, Banco Bilbao Bizcaya Argentaria, El Corte Inglés, Fundación Mutua Madrileña e o exsecretario de Estado de Comunicación (1998-2000), Pedro Antonio Martín Marín. 

Para pechar o apartado de premiados, a FVT entregou tamén os galardóns escolares 'Ana María Vidal Abarca, una ciudad sin violencia'. Trátase duns premios convocados para alumnos de Primaria, ESO e Bacharelato, e que nesta edición recaeron no Colexio Amor de Dios de Alcorcón (Madrid) e no Colexio Diocesano Cardeal Cisneros (Guadalajara).

14 Decembro 2023
Notas de prensa
Imaxes