O DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID, JUAN SERRANO, ACOMPAÑOU AO CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACION, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES NA PRESENTACIÓN DA OBRA DO ARTISTA GALEGO MANOLO PAZ

Notas de prensa
10/10/2022
10/10/2022
10/10/2022

O DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID, JUAN SERRANO, ACOMPAÑOU AO CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACION, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES NA PRESENTACIÓN DA OBRA DO ARTISTA GALEGO MANOLO PAZ

Madrid, 10 de outubro de 2022.- O director da Casa de Galicia en Madrid acompañou na mañá do pasado venres ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na presentación da obra do artista Manolo Paz en Madrid, na que tamén se fixeron presentes, o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida e a delegada da área de Cultura, Turismo e Deporte, Andrea Levy.

A exposición itinerante “A distancia que nos une” do artista Manolo Paz, xa se pode contemplar nos lugares máis emblemáticos de Madrid. Desde a Praza de Colón ata Paseo do Prado poderanse contemplar doce obras deste artista, que pretende converter a materia inerte en obra de arte.

Esta exposición no espazo público servirá para celebrar este primeiro aniversario da designación da Paisaxe da Luz por parte da UNESCO.

10 Outubro 2022
Notas de prensa
Imaxes