O DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID PRESENTOU A CONFERENCIA, “CAMIÑO DE MADRID, CAMIÑO SAUDABLE”, QUE IMPARTIU JAVIER LERALTA

Notas de prensa
12/01/2022
12/01/2022
01/12/2022

O DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID PRESENTOU A CONFERENCIA, “CAMIÑO DE MADRID, CAMIÑO SAUDABLE”, QUE IMPARTIU JAVIER LERALTA

- A Casa de Galicia acolleu a terceira conferencia do ciclo “Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos”, que organiza a Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid.

Madrid, 1 de decembro de 2022.-O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano presentou na tarde de onte a Javier Leralta, xornalista, escritor e peregrino, que  estivo acompañado por José Luis Sanz, do Concello de Madrid e pola presidenta da asociación Cimadevila, Maria Luisa Muñoz Martínez de Salina.

Javier Leralta é licenciado en CC. Información e Máster en Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación pola UNED. É xornalista e escritor, especializado en temas de viaxes, historia medieval, costumes madrileños e mobilidade urbana. Actualmente traballa na área de Medio Ambiente e Movilidad do Concello de Madrid onde desenvolve funcións de comunicación e guía ambiental. 

Leralta explicou que o pasado martes 22 de novembro inaugurouse a sinalización do Camiño de Santiago de Madrid dentro do municipio (18,5 km) a iniciativa do organismo autónomo Madrid Saúde, dependente do Concello de Madrid e dentro do programa Walking People (WAP), xente que camiña. O Camiño de Santiago de Madrid é o roteiro 23 deste ambicioso programa de saúde que está presente nos 21 distritos da cidade, algúns atravesando máis dun como é o caso do Camiño de Madrid que percorre unha parte dos distritos de Centro, Chamberí, Tetuán e Fuencarral. 

Con este proxecto, a capital súmase á rede de grandes cidades xacobeas que dispoñen dunha sinalización específica nos seus tramos urbanos. As marcas xacobeas están formadas maioritariamente por placas metálicas abrazadas aos farois e sinais de tráfico coa frecha amarela e a vieira sobre fondo azul. Como novidade incorporáronse, xunto á escudo municipal, o debuxo dun oso rampante con bordón. Naqueles lugares onde non foi posible a instalación de placas, colocáronse fitos de pedra de case 1 metros de altura coas mesmas marcas.

A Casa de Galicia en Madrid colabora na celebración do “Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos” que organiza a Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, cuxo obxectivo é ser en Madrid un lugar de reflexión sobre o Camiño de Santiago e toda a realidade diversa que o fenómeno da Peregrinación creou.

01 Decembro 2022
Notas de prensa
Imaxes