O DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID PRESENTOU A CONFERENCIA, “A GARDA CIVIL NO CAMIÑO. UN VALOR SEGURO PARA TODOS” QUE IMPARTIU O TENENTE CORONEL, MIGUEL CANELLAS VICENS

Notas de prensa
11/24/2022
11/24/2022
24/11/2022

O DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID PRESENTOU A CONFERENCIA, “A GARDA CIVIL NO CAMIÑO. UN VALOR SEGURO PARA TODOS” QUE IMPARTIU O TENENTE CORONEL, MIGUEL CANELLAS VICENS


- A Casa de Galicia acolleu a segunda conferencia do ciclo “Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos”, que organiza a Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid.

Madrid, 24 de Novembro de 2022.-O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano presentou na tarde o acto da “A garda civil no camiño. Un valor seguro para todos” impartida polo tenente coronel, Miguel Canella Vicens, responsable do Plan de Seguridade no Camiño de Santiago a nivel nacional e proxectos solidarios da Garda Civil no Camiño.  

A Casa de Galicia en Madrid colabora na celebración do “Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos” que organiza a Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, cuxo obxectivo é ser en Madrid un lugar de reflexión sobre o Camiño de Santiago e toda a realidade diversa que o fenómeno da Peregrinación creou.

Canella Vicens explicou aos asistentes que a Garda Civil é a Institución que proporciona o núcleo básico da seguridade pública no Camiño de Santiago. “A misión da Garda Civil no Camiño de Santiago é proporcionar seguridade e confianza no peregrino, e por iso, elabora o Plan Anual para a Seguridade do Camiño de Santiago”, asegurou.

O Plan ten múltiples obxectivos como priorizar a presenza da Garda Civil ao longo dos roteiros por onde discorre o Camiño de Santiago, especialmente nos puntos máis vulnerables para a seguridade, establecer servizos preventivos e de investigación para a loita contra a delincuencia nos distintos itinerarios e as súas inmediacións ou elaborar o pertinente Plan de Intelixencia para detectar calquera acción que pretenda perturbar o normal desenvolvemento do Camiño de Santiago.

Por último, Canella Vicens non deixou de insistir na importancia de reforzar a vixilancia e protección dos bens situados nos distintos roteiros que integran o patrimonio histórico e cultural, e a necesidade de realizar inspeccións periódicas dos establecementos de acollida de peregrinos co fin de garantir a protección da Seguridade Cidadá. 

24 Novembro 2022
Notas de prensa
Imaxes