O DIRECTOR DA CASA DE GALICIA, JUAN SERRANO, ACUDIU Á RECEPCIÓN NA EMBAIXADA DE XAPÓN CON MOTIVO DA DESPEDIDA DO EMBAIXADOR

Notas de prensa
10/19/2022
10/19/2022
19/10/2022

O DIRECTOR DA CASA DE GALICIA, JUAN SERRANO, ACUDIU Á RECEPCIÓN NA EMBAIXADA DE XAPÓN CON MOTIVO DA DESPEDIDA DO EMBAIXADOR

Madrid, 19 de outubro de 2022.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia asistiu na tarde de onte, en representación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, á recepción na embaixada de Xapón para dar a despedida ao embaixador HIRAMATSU que abandonará España a final de mes, segundo comunicou aos asistentes.

O director da Casa de Galicia desexoulle ao embaixador e á súa esposa moita sorte no regreso ao seu país e fíxolles entrega dun peregrino da cerámica de Sargadelos da cal o embaixador é coñecedor. Así mesmo trasladou ao director o seu afecto e admiración por Galicia facendo referencia explícita a Santiago de Compostela e ao Camiño.

Serrano tivo a oportunidade de saudar á súa Alteza Real a Infanta Dona Elena e convidouna a visitar a Casa de Galicia. 

19 Outubro 2022
Notas de prensa
Imaxes