O embaixador de Colombia visita a Casa de Galicia

Notas de prensa
09/14/2011
09/14/2011
14/09/2011

O embaixador de Colombia visita a Casa de Galicia

-

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López recibiu ao embaixador de Colombia en España, Orlando Sardi de Lima e ao ministro plenipotenciario da embaixada, Julián Efrén Ossa Gómez, que visitaron a delegación da Xunta en Madrid a instancias da solicitude realizada por unha delegación de empresarios lucenses, representados por Emilio Paradela Fernández, da compañía Kimikal e Tino Saqués Pereira director xerente de Frisaqués.

Madrid, 14 de setembro de 2011.- O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López recibiu ao embaixador de Colombia en España, Orlando Sardi de Lima e ao ministro plenipotenciario da embaixada, Julián Efrén Ossa Gómez, que visitaron a delegación da Xunta en Madrid a instancias da solicitude realizada por unha delegación de empresarios lucenses, representados por Emilio Paradela Fernández, da compañía Kimikal e Tino Saqués Pereira director xerente de Frisaqués.

Ónega, ademais de mostrar as dependencias da Casa, explicou aos visitantes as funcións desta, entre as que se atopan potenciar as relacións institucionais e os intercambios comerciais. De feito, é algo que os empresarios galegos coñecen e utilizan con asiduidade. En concreto, os lucenses xa solicitaran con anterioridade este tipo de visitas, que potencian e estreitan os lazos que adoitan frutificar en firmas de acordos e contratos comerciais.

Nesta delegación da Xunta atopa un punto de difusión en Madrid todo canto ten que ver coa cultura, a arte, e o sector empresarial relacionados con Galicia e que buscan unha proxección ao exterior. A programación inclúe conferencias, ciclos, exposicións de arte, promocións turísticas e actividades socioeconómicas de todos os ámbitos.

No distendido encontro, o embaixador comentou o seu interese por coñecer todos os recunchos de España e expresou a súa admiración pola comunidade galega que visitou recentemente nunha viaxe privada. "Teñen vostedes un grande e lindo país", dixo, e sinalou "a gran diversidade que posúe, algo que un non alcanza a imaxinar antes de coñecelo".

Sardi de Lima, agradeceu, "moi sinceramente" a invitación á Casa e manifestou o seu desexo de continuar estreitando os lazos de amizade iniciados e propiciados por estes emprendedores galegos.

14 Setembro 2011
Notas de prensa
Imaxes