O POETA OURENSÁN, ANTONINO NIETO PRESENTA NA CASA DE GALICIA O SEU POEMARIO “EL PULGAR DE LA ALEGRÍA”
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano deu a benvida a Antonino Nieto, que se define a si mesmo como poeta, videoartista, creador de espectáculos e rituais nos que xunta literatura, artes plásticas, circo, performers ou ballets, e que presentou na tarde de hoxe o seu poemario “El pulgar de la alegría”.
Ilia Galán director da colección foi o encargado de presentar ao polifacético escritor nado en Verín e colaborador habitual en diferentes programas de radio e revistas culturais. Publicou máis de corenta libros, dos cales algúns deles foron traducidos ao inglés, ruso, alemán, italiano e galego.
Antonino Nieto estivo acompañado na mesa polos escritores Pedro Mansilla e Jaime Vicente Echagüe. Mansilla dixo do poeta ourensán que “escribe poesía como quen levanta acta da vida. Se non houbese poesía galega houbera sido inventada por el. Moderno e antigo, é o poeta do amor, o poeta de todos porque ten poesía para todos”.
Pola súa banda, Echagüe definiu a poesía de Neto como “unha poesía apocalíptica que podería caer no negativo, pero sempre hai un fío que nos conecta ao amor, o que nos demostra que estamos ante un poeta enorme”.
Antonino Nieto pola súa banda, recitou algún dos seus versos e agradeceu a dispoñibilidade e agarimo coa que sempre é recibido na Casa de Galicia.