O SECRETARIO XERAL DE EMIGRACIÓN, ANTONIO RODRÍGUEZ MIRANDA, FÍXOSE PRESENTE NA INAUGURACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN QUE CELEBRA O 150 ANIVERSARIO DE ANTONIO PALACIOS
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á inauguración da exposición que sobre a figura de Antonio Palacios pon en marcha a Casa de Galicia en Madrid da man da artista e sobriña-bisneta do arquitecto galego, Amelia Palacios.
O responsable de Emigración destacou a importancia desta mostra coa que se inician os actos de homenaxe ao arquitecto de Porriño polo 150 aniversario do seu nacemento, destacando a importancia que Palacios tivo para enriquecer a arquitectura galega, “xa que axudou a afianzar a súa identidade, especialmente en Madrid, onde realizou diversos edificios de relevancia internacional”.
A exposición, composta por diferentes cadros e debuxos que recrean os perfís dos principais edificios realizados por Antonio Palacios na capital española, poderase visitar na Casa de Galicia de Madrid entre o 5 e o 29 de setembro.
A exposición poderá visitarse na sala Emilio Pardo Bazán, da Casa de Galicia en Madrid até o próximo 29 de setembro, en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.