A paisaxe galega e a arxentina irmándanse na pintura que Guillermo Bekes mostra na Casa de Galicia en Madrid

Notas de prensa
02/01/2012
02/01/2012
01/02/2012

A paisaxe galega e a arxentina irmándanse na pintura que Guillermo Bekes mostra na Casa de Galicia en Madrid

 A paisaxe galega e a arxentina irmándanse na pintura que o artista arxentino Guillermo Bekes exhibe durante este mes na Casa de Galicia en Madrid, na exposición "Paisaxes de mar e terra". "A través da paisaxe compartida e a intervención humana nel evidénciase a integración iberoamericana, os lazos históricos e os vínculos culturais que irmandaron ambas as dúas nacións: España, especialmente Galicia, e Arxentina," valora o pintor, que se desprazou a Galicia durante varios meses para realizar algunhas das obras que se exhiben.

Madrid, 1 de febreiro de 2012. - A paisaxe galega e a arxentina irmándanse na pintura que o artista arxentino Guillermo Bekes exhibe durante este mes na Casa de Galicia en Madrid, na exposición "Paisaxes de mar e terra". "A través da paisaxe compartida e a intervención humana nel evidénciase a integración iberoamericana, os lazos históricos e os vínculos culturais que irmandaron ambas as dúas nacións: España, especialmente Galicia, e Arxentina," valora o pintor, que se desprazou a Galicia durante varios meses para realizar algunhas das obras que se exhiben.

Na inauguración, hoxe, desta mostra paisaxística, composta por 24 óleos de distintos tamaños que recrean imaxes das dúas beiras do Atlántico, participaron, ademais do propio autor, o profesor de Arte Javier Pérez Somarriba e o coordinador de Actos Culturais da Casa, Ramón Jiménez.

Bekes recordou que o intercambio cultural e artístico entre España-Galicia e Arxentina foi constante e avogou por que o siga sendo. Explicou así mesmo que "a arte española estivo presente na miña vocación artística", referindo que "cando era neno e antes de coñecer a pintura arxentina, italiana ou francesa, decubrí na biblioteca da miña casa un libro do Museo do Prado", cuxas imaxes lle fascinaron, "sobre todo as reproducións de Velázquez, El Greco e Goya", que copiou con devoción. "Esa sensación de conexión íntima con estes grandes mestres acompañoume sempre, alentoume e fixo que desenvolva case todo o meu traballo dentro da estética da pintura clásica. Esa é a miña raíz".

Jiménez apreciou que ao título que dá nome á exposición "doadamente podería engadirse a palabra ceo, pois tan notable é a súa presenza nestes cadros, e que podería tamén traducirse como ´ paisaxes das dúas beiras ´, co fin de que se entenda brevemente que falamos de Arxentina e de Galicia, pois son os seus ceos, mares e terras os que habitan estes cadros que leva na alma o seu pintor, paisaxes coas que anda de acá para alá, a cabalo entre Bos Aires e Madrid, coma se dun traficante de paisaxes se tratase,".

Pérez Somarriba, coñecedor da obra e a personalidade de Bekes, afima que el "é minorista, coidado e calmado e iso se transfire dende a súa pintura ao espectador. Non están mortas as rías, non hai tanto silencio na paisaxe. A natureza está esperta, aínda", remarca sobre a súa obra, resaltando un "aínda" que contrapón esencia a "tempos tan cambiantes" como os actuais.

Cun estilo realista e luminoso, Bekes integra á paisaxe natural elementos signficativos da presenza humana -barcas, portos, camiños, aldeas, ranchos, cabalos, etc. -. A obra logra así evocar a esencia de ámbitos tan distantes xeograficamente pero tan ligados afectivamente pola amizade, a historia e a cultura de ambas as dúas nacións.

Alejandro Bekes, poeta, ensaísta e tradutor, irmán do pintor, describe no catálogo da exposición os "motivos evidentes" nos cadros: “A presenza dun bote varado na area, dunha ría que se abre a un horizonte difuso, dun horto ou dun peirao, dun viñedo riente na terra galega ou dunha casa perdida na inmensidade da pampa arxentina, dun cabalo nun prado, dun ceo turbio ou radiante, sobre o mar ou sobre a testana terra,". Se trata, di, "dunha revelación en que o real se mostra, froito de longa contemplación, en toda a súa íntima certeza de estar aí, no centro dunha mirada que tras despaciosa consulta encontra, como subitamente, a esencia, a cousa en si, e sente o desexo profundo, o deber íntimo, de plasmala en tea e na sinfonía dos seus óleos".

 A obra de Guillermo Bekes forma parte de coleccións públicas e privadas de Arxentina, Uruguai, Brasil, Chile, Estados Unidos, España, Francia, Reino Unido, Mónaco, Israel e Romanía.

Máis información sobre o artista e a súa obra en www.bekes.com.ar.

01 Febreiro 2012
Notas de prensa
Imaxes