PREMIADO O XEFE DO ESTADO MAIOR DO EXÉRCITO DE TERRA, AMADOR ENSEÑAT E BEREA, COMO GALEGO DO ANO 2023

Notas de prensa
03/14/2024
03/14/2024
14/03/2024

PREMIADO O XEFE DO ESTADO MAIOR DO EXÉRCITO DE TERRA, AMADOR ENSEÑAT E BEREA, COMO GALEGO DO ANO 2023

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no tradicional acto que organiza cada ano o club de Xornalistas Galegos en Madrid, e que serviu para premiar ao  xefe do Estado Maior do Exercito de Terra, Amador Enseñat e Berea, como Galego do Ano 2023. 

A presidenta do club, Pilar Falcón, indicou que «se tivo moi en conta, non só que sexa un galego o que desempeñe o cargo de máxima autoridade do Exército de Terra no noso país, se non tamén a súa traxectoria profesional e o seu servizo en operacións da OTAN, Unión Europea e Nacións Unidas». 

Este galardón recibírono escritores ilustres como Camilo José Cela ou Gonzalo Torrente Ballester.

14 Marzo 2024
Notas de prensa
Imaxes