Presentación da revista “CORALIA. Guía de viaxes de Galicia 2021”

Notas de prensa
05/20/2021
05/20/2021
20/05/2021

Presentación da revista “CORALIA. Guía de viaxes de Galicia 2021”

A Casa de Galicia en Madrid, sede da Delegación da Xunta na capital de España, acolleu onte, 19 de maio de 2021, a presentación da revista “CORALIA. Guía de viaxes de Galicia 2021”, editada e dirixida por Álex Regueiro.

No acto, que se desenvolveu con aforo limitado en cumprimento das medidas anti covid, interviñeron o propio Álex Regueiro e a Vicepresidenta Segunda do Congreso dos Deputados, Ana M.ª Pastor Julián.

Entre os asistentes, cabe mencionar a presenza de diversas autoridades e celebridades, tales como os parlamentarios galegos Borja Verea Fraiz e Carmen Pomar Tojo; S.A.R. Carla de Bulgaria; a concelleira do Concello de Santiago de Compostela Natalia Palmou Cibeira; a experta en Comunicación Nuria March, e a súa parella Donald Johnston; o artista Santy Kalo; ou a directora de arte María Jesús Gutiérrez.

O acto comezou cunhas palabras de benvida do Coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen destacou o “amplo abanico de posibilidades viaxeiras polo territorio galego que propón esta guía”, sinalando que “a rede de riquezas a descubrir que tecen as viaxes que suxire, é dicir os camiños, é extraordinaria; e non só os de peregrinación que conflúen en Santiago, especialmente neste ano Santo Xacabeo en que nos atopamos, senón tamén os múltiples roteiros, grandes e pequenas, e pequenas grandes: dos bos soños, das fariñas, dos faros, dos viños, e un longo etcétera de innumerables carreiros. Por terra e por mar, así como por vía fluvial, estamos sen dúbida ante unha guía de altos voos”. Para terminar dicindo que “se o viaxeiro desprega esta guía cal mapa do tesouro, acabará por converterse, por moi incrédulo que sexa, en devoto de Galicia, en peregrino para sempre das súas xoias incomparables”.

Finalmente tomou tamén a palabra Carla de Bulgaria, convidada por Álex Regueiro.

 

20 Maio 2021
Notas de prensa
Imaxes