Presentación do Festival Bal y Gay 2021

Notas de prensa
04/16/2021
04/16/2021
16/04/2021

Presentación do Festival Bal y Gay 2021

Tras máis dun ano de obrigada inactividade cultural debido á pandemia do covid-19, na que se suspenderon os actos públicos na Casa de Galicia, sede da Delegación da Xunta en Madrid, esta reabriu onte as súas portas para a presentación en aforo limitado do festival Bal y Gay 2021, a celebrarse do 14 ao 16 de maio e do 18 ao 26 de agosto en espazos máxicos da Mariña lucense. Unha programación musical de excelencia convivirá, eses días, coa historia, o patrimonio, a paisaxe ou a gastronomía da zona.

O acto, guiado pola xornalista de Radio Clásica Clara Sánchez, foi introducido polo coordinador de actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen tivo unhas emotivas palabras de recordo para José Ramón Ónega López, director da Delegación durante case doce anos, recentemente falecido como consecuencia do coronavirus; e contou coa intervención da directora do festival, Alba Rodríguez; do presidente da Fundación Bal y Gay, Francisco Rodríguez Baixeras; da directora da Fundación Banco Sabadell, Sonia Mulero; do alcalde de Foz e presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Francisco Cajoto; e do secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, quen o pechou. Ademais, o guitarrista Pablo Sáinz-Villegas, un dos artistas presentes no festival, interpretou varias pezas musicais, tamén en memoria de José Ramón Ónega, como pediu expresamente o coordinador da Delegación.

A través do seguinte enlace poderase acceder ao acto de presentación que tivo lugar na Casa de Galicia en Madrid: Presentación do Festival Bal y Gay 2021.

 

16 Abril 2021
Notas de prensa
Departamento
Prensa
Imaxes