PRESENTACIÓN DO LIBRO “CUADERNO DE VIANA” NA CASA DE GALICIA

Notas de prensa
11/17/2022
11/17/2022
17/11/2022

PRESENTACIÓN DO LIBRO “CUADERNO DE VIANA” NA CASA DE GALICIA

Madrid, 17 de novembro de 2022.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia, deu onte a benvida  a Jesús García Martínez, natural de Viana do Bolo, que presentou o seu libro “Cuaderno de Viana” na capital de España en compañía de Héctor Luis Suárez Pérez, catedrático de etnomusicología do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.

Jesús García Martínez, coñecido como Jesu, é natural de Viana do Bolo, pero a súa familia trasladouse a León cando el era un neno. Aínda así, todos os anos regresaba á súa terra natal para gozar das vacacións. No verán de 1961, os seus pais decidiron contratar a unha profesora particular que continuase coa súa formación e tivese obrigacións que cumprir durante eses meses. Unha das tarefas que a mestra lle encomendou foi escribir nun caderno relatos que escoitase á xente do pobo relacionadas con Viana do Bolo. Sesenta anos despois, esa idea converteuse nun libro. 

“Cuaderno de Viana” é a segunda incursión no mundo do libro deste leonés, músico e técnico de son, que cando atopa unha historia que contar preocúpase de que adquira o máximo carácter documental. Onte presentouno na casa de Galicia. Este libro conta a vida “que para os que somos de pobo adquire unha dimensión especial pois nos fala do cura, do médico, do rico, en definitiva de todos aquelas persoas e personaxes que se fan imprescindibles en calquera historia de pobo”, recalcou Juan Serrano.  

Jesús García, Chus o Beatle está “contento con este libro porque ademais de dar renda solta a miña paixón por contar sinto que cumprín unha misión, aínda que ninguén ma encomendou. En Viana a xente está encantada co libro porque se conta a súa historia. Son relatos curtos, algúns con moita densidade e con historias moi potentes. E ao meu gústame que se conten as historias das persoas, que son o importante no libro”, resolveu o autor. 
Ao longo dos seus 75 capítulos, recóllense as lendas e historias de contido cultural que viviu el mesmo durante as súas épocas no pobo, ademais das que lle contaban os veciños. O libro está composto por 570 páxinas e máis de 800 fotografías e ilustracións históricas.

17 Novembro 2022
Notas de prensa
Imaxes