PRESENTACIÓN DO LIBRO “EL PAZO DE LOURIZÁN” DE LOLA FERNÁNDEZ PAZOS NA CASA DE GALICIA

Notas de prensa
12/20/2022
12/20/2022
20/12/2022

PRESENTACIÓN DO LIBRO “EL PAZO DE LOURIZÁN” DE LOLA FERNÁNDEZ PAZOS NA CASA DE GALICIA

Madrid, 20 de decembro de 2022.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid deu a benvida á escritora Lola Fernández Pazos, que presentou o seu libro “El Pazo de Lourizán” xunto a Susanna Criado, directora de Capital-Radio Intereconomía. 

Lola Fernández desenvolveu labores xornalísticos de económica en distintos medios especializados como El País Negocios, Cinco Días, El Economista ou La Gaceta de los Negocios, entre outros. Tamén foi Directora de Comunicación na Comisión do Mercado das Telecomunicacións e de diferentes axencias. “El Pazo de Lourizán” é a súa primeira novela, inspirada na historia da súa propia familia. 

Trátase dunha conmovedora novela inspirada en sucesos reais que “desentraña a dificultade de revelar o case inexplicable”, describiu Susanna Criado na súa intervención quen dixo atoparse emocionada ante a presentación dun libro que a impactaba.

El Pazo de Lourizán narra a vida da familia Carballo, señores adiñeirados que residen nun palacete pontevedrés, de aí provén o título da novela, e perden a súa fortuna. "Cando faleceu o meu pai, sentín a necesidade de escribir esta novela, motivada por persoas que lle coñecían e historias que me contaban".
 

20 Decembro 2022
Notas de prensa
Imaxes