PRESENTACIÓN DO LIBRO “SEGUÍ ALLÍ, ESCUCHANDO A TRAVÉS DE LA PUERTA HASTA QUE SE HIZO EL SILENCIO” DE MANUEL LORENZO JANEIRO CASAL NA CASA DE GALICIA

Notas de prensa
12/21/2022
12/21/2022
21/12/2022

PRESENTACIÓN DO LIBRO “SEGUÍ ALLÍ, ESCUCHANDO A TRAVÉS DE LA PUERTA HASTA QUE SE HIZO EL SILENCIO” DE MANUEL LORENZO JANEIRO CASAL NA CASA DE GALICIA

Madrid, 20 de decembro de 2022.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid deu a benvida ao escritor Manuel Lorenzo Janeiro Casal nacido en Madrid, 10 de agosto de 1951.

Reside en Galicia desde 1974. Como escritor publicou a súa obra en galego e en castelán. 

SINOPSE DO LIBRO

Se se pode definir a poesía como o texto no que se lle encomenda á linguaxe a capacidade para referirse ao inefable, esta obra é un poema. Se se pode definir a novela como o desenvolvemento dun argumento por medio de personaxes e a maior ou menor intervención omnisciente dun narrador, esta obra é unha novela. Se se pode definir a autobiografía como unha confesión polo xeral enmascarada do si mesmo, esta obra é unha autobiografía. Se se pode definir o ensaio literario como a reflexión subxectiva sobre algún asunto sen a pretensión de esgotalo, esta obra é un ensaio literario. Se se contemplase o poema habería que atender aos latexados do texto, se novela ás peripecias dos personaxes, se biografía á autoescritura, se ensaio ao axuizamento das opinións. Agora ben, se o que se quere é gozar dunha obra literariamente impecable e chea de sentido, na que prevalece a emoción da memoria e a luz do tempo, merece a pena envolverse na súa lectura. 

O autor estivo acompañado polos escritores Arturo Lorenzo e Miguel Ángel Méndez. 
 

21 Decembro 2022
Notas de prensa
Imaxes