Presentación en Madrid do libro "40 preguntas e respostas para entender a maldita crise" do xornalista Ignacio Capeáns e o economista Carlos Sánchez-Tembleque

Notas de prensa
02/15/2012
02/15/2012
15/02/2012

Presentación en Madrid do libro "40 preguntas e respostas para entender a maldita crise" do xornalista Ignacio Capeáns e o economista Carlos Sánchez-Tembleque

No acto interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, o empresario e editor José Luis Teófilo e un dos autores, Ignacio Capeáns. "Algo está a pasar cando as conversacións dos bares se encheron de palabras que ata agora só dicían os entendidos en economía", dixo Ónega, "é polo tanto unha obra de rabiosa actualidade e traballo de referencia neste momento".

Para José Luis Teófilo, que lidera unha empresa de comunicación dende hai máis dunha vintena de anos, "temos que aprender das xeracións que nos precederon, que pasaron por momentos moi duros, e non hai tantos anos, e souberon saír adiante. Todos, e tamén os empresarios, temos a obriga de esforzarnos e traballar para poder saír".

Pola súa banda, o autor relatou o nacemento da publicación, que xurdiu como resultado dun programa de Onda Cero en Galicia, no que intentabamos explicar o que estaba a acontecer, pero como as palabras levas o vento, decidimos materializar esas cuestións e as respostas, en papel, que é eterno,". Capeáns explicou que "viviamos nun espellismo de riqueza aparente... pero xa non hai máis diñeiro e dixéronnos que ou cambiamos ou vannos cambiar".

 "Antes, cando tiñamos crise contabamos coa peseta, que era desvalorizada e iso aumentaba a competividade. Pero agora pertencemos a un Club, un selecto Club, cunha moeda común e a única opción que nos dan é desvalorice vostede a súa vida un 25% ", dixo Capeáns, que quixo rematar a súa intervención cun toque optimista. "Xa pasamos por situacións similares. En 1978 tamén tiñamos un 20% de paro, e saímos adiante e se de saír adiante se trata, diso sabemos moito os galegos".

O libro, explica con linguaxe sinxela e entendible para todo o mundo, as claves dunha crise que tanto está a afectar ás nosas vidas, ofrecendo aos lectores unha información útil sen estatísticas, gráficos, nin curvas numéricas de difícil comprensión. O volume, prologado por Carlos Alsina, está dividido en catro grandes seccións: a crise económica, a crise financeira, a competividade e finaliza con algunhas preguntas clave que nos achegan a conceptos fundamentais da economía.

15 Febreiro 2012
Notas de prensa
Imaxes