PRESENTACIÓN NA CASA DE GALICIA EN MADRID DO PROXECTO DE CONMEMORACIÓN DO XXV ANIVERSARIO DEL IRMANDAMENTO DO CAMIÑO DE SANTIAGO E O CAMIÑOO DE KUMANO
Madrid, 26 de xaneiro de 2022.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid deu a benvida á prefectura de Wakayama (Xapón), representada por Kazuki Yamaguchi e Eisei Wada, responsables a de promoción turística sobre o Camiño de Kumano. Por parte de Turismo de Galicia, o representante en nome da Xunta foi o responsable da S. A. Xacobeo, Ildefonso de la Campa.
Serrano destacou as coincidencias de ambas as culturas no referente ao coidado da familia, respecto ás institucións, amor á natureza e o feito de ter dous camiños milenarios cun contido espiritual.
Ambas as partes mantiveron un encontro para dar a coñecer una serie de accións conxuntas entre Galicia e a prefectura de Wakayama para a celebración do XXV aniversario do acordo entre a Xunta de Galicia e a prefectura de Wakayama para o irmandamento entre o Camiño de Santiago e Camiño de Kumano Kodo. Ademais, no ano 2024, esta ruta celebrará o 20º aniversario da declaración como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.
O Camiño de Santiago e o Camiño de Kumano Kodo son dúas das rutas de peregrinación máis importantes do mundo, protexidas pola Unesco co recoñecemento de Patrimonio Mundial.
As rutas se irmandáronse en 1998, dando comezo a unha intensa relación que contribuíu a incrementar os lazos entre Xapón e Galicia.
Esta reunión forma parte do traballo levado a cabo pola Xunta de Galicia para impulsar as relacións internacionais apoiando e reforzando os contactos con administracións e axentes estranxeiros para reforzar así a difusión da cultura xacobea no mundo.