PRESENTACIÓN NA CASA DE GALICIA EN MADRID DOS LIBROS “A NOVA DIRECCIÓN DE PERSOAS”, DE JOSÉ M.ª GASALLA E “NADALÍZATE”, DE JUAN CARLOS CUBEIRO.

Notas de prensa
09/20/2023
09/20/2023
20/09/2023

PRESENTACIÓN NA CASA DE GALICIA EN MADRID DOS LIBROS “A NOVA DIRECCIÓN DE PERSOAS”, DE JOSÉ M.ª GASALLA E “NADALÍZATE”, DE JUAN CARLOS CUBEIRO.

A Casa de Galicia foi o marco elixido por José Mª Gasalla, conferenciante, escritor e profesor de Deusto Business School para presentar o seu libro “A nova dirección de persoas”. Este enxeñeiro aeronáutico e Doutor en CC. Económicas e Empresariais explica con esta obra as áreas de liderado, confianza e felicidade, incorporando novos aspectos investigados. “Cada vez máis as organizacións en xeral e as empresas en particular necesitan profesionais comprometidos” dixo o autor, que se pregunta “se segue sendo utópico falar de confianza e felicidade na empresa”. A resposta atopámola, segundo Gasalla, en que hai trinta anos, cando naceu a primeira edición deste libro, falar de persoas parecía unha utopía. Só existían os denominados «Recursos Humanos» e agora a realidade esixe persoas comprometidas”.

Pola súa banda, Juan Carlos Cubeiro, experto en talento, liderado e coaching do noso país,  presentou "Nadalízate". Rafael Nadal é un dos mellores deportistas da historia. Admirado pola súa mentalidade, capacidade de sacrificio, liderado e superación, converteuse nunha inspiración para profesionais, non só do deporte, senón tamén doutros ámbitos. O autor tratou  de responder as preguntas acerca de onde reside a clave do seu éxito; que podemos aprender del e se son aplicables as súas estratexias e tácticas no mundo empresarial. “Ten que haber alguén nas empresas que ademais de traballar se adique a pensar. O coaching é un proceso, non unha acción”, dixo Cubeiro.
 

20 Setembro 2023
Notas de prensa
Imaxes