PRESÉNTASE NA CASA DE GALICIA CICLO DE CONFERENCIAS “AMOR: A MULLER NO CAMIÑO DE PEREGRINACIÓN”
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a primeira das conferencias enmarcadas no ciclo, coordinado polo arquitecto Domingo de Famara, e que leva por título: “Amor: a muller no camiño de peregrinación”.
Interveu nesta primeira mesa redonda a artista María Carretero; Antonino Nieto, poeta, videoartista, creador de espectáculos; e o Excmo. Mons. D. Luís Armando Tineo Rivera, Bispo Emérito de Carora (Venezuela).
Este Ciclo de conferencias, organizadas e presentadas por María Carretero e Domingo de Famara, e que se iniciaron con esta mesa redonda, pretenden ofrecer unha visión contemporánea e actual dentro de todos os campos, do percorrido da muller no Camiño de Santiago e Camiños de Peregrinación.
Coincidindo co ano Xubilar Lebaniego 2023-2024, iníciase un tema apaixonante e puntual onde o amor, intrinsecamente unido á muller, establecerase como protagonista do Camiño de Santiago e outros Camiños de Peregrinación, como o Lebaniego en Cantabria.