PRESÉNTASE NA CASA DE GALICIA “O LUGAR ONDE VOU” DE VICENTE ARAGUAS

Notas de prensa
02/06/2023
02/06/2023
06/02/2023

PRESÉNTASE NA CASA DE GALICIA “O LUGAR ONDE VOU” DE VICENTE ARAGUAS

Madrid, 6 de febreiro de 2023.-  Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid deu a benvida a Vicente Araguas, que presentou o seu libro “O lugar onde vou”.

Araguas, vello coñecido da Casa de Galicia por presentar máis obras na sede da Xunta en Madrid, estivo acompañado polo tamén escritor Manuel Pereira Valcárcel quen dixo sentirse emocionado ao presentar a un escritor e amigo “ao que coñezo de fai máis de trinta anos”, recoñeceu.

Vicente Araguas, nacido en Santa María de Neda, provincia da Coruña, é doutor en Filoloxía Inglesa, con tese sobre Bob Dylan e o seu mundo poético, o que dalgunha maneira lévanos aos seus antecedentes como cantautor. O poeta, narrador, ensaísta e crítico literario, aborda no seu libro a peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que improbable. Fala do medo e dos bares onde cando nada pasa, todo pasa, das casas grandes que miran, sen poder facer nada, como as mulleres se descolgan dos cadros, de parellas de distintas idades que falan de raíñas consumidoras compulsivas de arroz con leite.

Araguas bota a andar una pluma que ten aspectos do corazón tan salvaxes como a dos cómplices dunha editorial «indie» desbordados por unha chea de libros de poemas que reciben, ou a da estatua do Inca que veña ao seu posuidor dos arrebatos celosos da súa amada; hai gatos que falan e cans que corren na neve e tullidos que escriben coa mesma pericia que Caldeireiro, urbanista anglófilo en Nebia en 1866.

Un festival de formas de amar, de ver como transcorre a vida, de realismo extracorpóreo e de corpos que se deslizan máis aló da realidade, o deste libro de contos, que fai debutar ao autor en Editorial Galaxia.
 

06 Febreiro 2023
Notas de prensa
Imaxes