Preto de duascentas persoas acudiron a Casa de Galicia para asistir a presentación do libro "Cociñar para 2. Recitas irresistibles" de Belén Otero Iglesias

Notas de prensa
02/07/2012
02/07/2012
07/02/2012

Preto de duascentas persoas acudiron a Casa de Galicia para asistir a presentación do libro "Cociñar para 2. Recitas irresistibles" de Belén Otero Iglesias

Presentación do libro "Cociñar para 2. Receitas irresistibles", de Belén Outeiro Igrexas, publicado por Pigmalión Ediciones. No acto interviñeron ademais da autora; o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, Marta González Novo, xornalista da Cadea SER, directora do programa Hoxe por hoxe Madrid, e prologuista do libro; Sacha Hormaechea, gourmetista, fotógrafo e autor do epílogo da publicación; Rosana Domínguez, bloggera e directora de operacións en Cocina.es e Basilio Rodríguez Cañada, editor e escritor.

O delegado pronunciou unhas palabras de benvida ás preto de duascentas persoas que acudiron ao acto e agradeceu aos integrantes da mesa "que elixisen esta Casa para que esta nova obra vexa a luz. Un novo libro é sempre motivo de satisfacción e se é de gastronomía... pois xa non hai nada que engadir".

 

Basilio Rodríguez Cañada, comentou que "con este libro a editorial inicia unha nova colección, Pigmalión ao dente, que supón unha nova aposta empresarial ".

 

A xornalista Marta González Novo recordou que "Belén, cumpre as características da xente galega, con forza, emprendedora, traballadora e capaz de loitar polo que quere.Tiña un soño e aquí está, materializado neste libro,".

 

Para o popular cociñeiro e comunicador, tamén galego, Sacha Hormaechea, "a Belén hai que agradecerlle que pensase en que cociñar para dous é facer feliz ao teu ámbito inmediato e íso, nos tempos que corren, pois tamén dous merecen ser felices".

 A bloggera Rosana Domínguez, sinalou que "Belén é tan riquiña como as súas receitas e con esta obra énchese un espazo para satisfacer ás persoas que aínda desexan tocar e sentir as receitas en papel de toda a vida, porque hai demanda para todos".

 Pola súa banda, a autora, tras os agradecementos, contou cómo se naceu a obra. Cando se independizou en 2004, en Coruña, acudiu á casa da súa avoa a pedirlle as súas receitas, que incluían aquilo de "un puñadito disto, unha pizquita do outro... o normal en persoas que xa saben cociñar, que non era o meu caso. Empecei cun caderno e facendo fotos do resultado. Cociñar para dous é unha doada solución para non renunciar a unha boa comida porque a cantidade sexa pequena. Tamén dous merecen comer ben".

Belén Otero Iglesias, ademais da autora, é licenciada en Dereito, Máster en Bolsa no I.E.B. (Instituto de Estudos Bolsistas) e é tamén directora dunha entidade de crédito de Madrid.

07 Febreiro 2012
Notas de prensa