A SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA, SANDRA VÁZQUEZ, ACODE Á PRESENTACIÓN DE “REFERENTES GALEGAS”, ORGANIZADO POR EXECUTIVAS GALEGAS
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do programa Referentes Galegas, organizado por Executivas de Galicia, na que se fixo presente a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez Domínguez.
A presentadora de televisión e socia de Executivas, Silvia Jato presentou o evento. A benvida correu a cargo da Presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky.
No acto proxectouse un vídeo promocional do proxecto de Executivas que resumía o espírito deste proxecto, “un vídeo no que era imposible incluílas a todas”, afirmou Silvia Jato, pero co que Executivas quixo agradecer o compromiso das 400 mulleres coas que conta xa este directorio. A continuación tivo lugar a cabo unha mesa de referentes en diferentes industrias que reuniu a Irene Milleiro, directora de Ashoka España, especializada no uso da comunicación dixital para o cambio social, e Directora Xerente da Fundación Change.org; María Rúa Aguete, Directora en Londres de Omdia analizando o sector de televisión, media e tecnoloxía, ademais de ser asesora estratéxica do Diplomatic World Institute; Yolanda Román, responsable de relacións institucionais de Amazon España e experta en incidencia política, asuntos públicos e diplomacia corporativa; e Almudena López del Pozo, conselleira Delegada de Pymar.
O evento concluíu coa actuación da violinista Sara Areal.