SERRANO APROVEITOU A VISITA PARA INTERESARSE DE PRIMEIRA MAN POLOS PROXECTOS E ACTIVIDADES QUE O CENTRO GALEGO ESTÁ A LEVAR A CABO EN COLLADO VILLALBA

Notas de prensa
10/07/2022
10/07/2022
07/10/2022
O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano visitou onte a FESTA DO MARISCO GALEGO, organizado polo Centro Galego da localidade de Collado Villalba.

SERRANO APROVEITOU A VISITA PARA INTERESARSE DE PRIMEIRA MAN POLOS PROXECTOS E ACTIVIDADES QUE O CENTRO GALEGO ESTÁ A LEVAR A CABO EN COLLADO VILLALBA

Madrid, 7 de outubro de 2022.- O director da Casa de Galicia en Madrid visitou na tarde de onte a localidade de Collado Villalba para participar na festa do marisco galego.  

Á súa chegada, o director da Casa de Galicia foi recibido por Mariola Vargas, alcaldesa da localidade e Pilar López, presidenta do Centro Gallego do Noroeste de Madrid, á que acompañaban diferentes membros desta sociedade galega.

Serrano mostrouse interesado polas actividades e proxectos que están a levar a cabo desde o centro galego e puxo á súa disposición a Casa de Galicia para colaborar en todos aqueles aspectos que puidesen servir de axuda para divulgar a cultura de Galicia na capital de España.

Por ultimo, o director da Casa de Galicia presenciou co resto de asistentes unha actuación da banda de gaitas, Lume de Biqueira, que presentará nas próximas datas o libro, Temperando. A gaita galega e o seu mundo, na Casa de Galicia en Madrid.
 

07 Outubro 2022
Notas de prensa
Imaxes