Visita á Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia do novo delegado en Madrid do Goberno de Andalucía

Notas de prensa
02/05/2020
02/05/2020
05/02/2020

Visita á Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia do novo delegado en Madrid do Goberno de Andalucía

O novo delegado en Madrid da Junta de Andalucía en Madrid, Vicente Azpitarte Pérez, visitou esta mañá a Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia onde foi recibido polo seu homólogo no cargo José Ramón Ónega, quen lle falou das diferentes actividades que desempeña a Institución galega na Capital de España e mostroulle as instalacións do edificio: tres salgas de exposicións -unha delas polivalente como salón de actos-, Oficina de Turismo, Administración, os diversos despachos... e tamén lle presentou ao persoal, entre o que se atopaba o investigador do Centro de Investigacións Mariñas, Antonio Villaba e o coordinador de Actividades Culturais e Económicas, Ramón Jiménez.

Villalba, que se atopa na Casa de Galicia en comisión de servizos, é especialista en enfermidades de moluscos, un apaixonante tema que está ademais de plena actualidade polas circunstancias que atravesan algúns bivalvos como os berberechos, moi importantes na economía dalgunhas zonas galegas.

Pola súa banda, Jiménez, encargado de xestionar as actividades que se realizan na Casa, (exposicións de arte, presentacións de libros, conferencias...) faloulle dos diferentes aspectos do seu labor, en moitos dos cales o delegado andaluz mostrou gran interese.

Azpitarte foi convidado a asinar no libro de Honra da Casa e tamén a coñecer parte da historia gráfica da institución, fundada en 1992 sendo presidente da Xunta Manuel Fraga.

A visita de Vicente Azpitarte, que foi nomeado delegado no mes de decembro, enmárcase dentro dos habituais encontros que os responsables de delegacións realizan con certa periodicidade co obxectivo de estreitar relacións e intercambiar posibles propostas e experiencias. Neste caso era un primeiro contacto que terá continuidade cando Ónega, en xusta correspondencia, acuda á Delegación andaluza.

O novo delegado da Junta de Andalucía en Madrid, Vicente Azpitarte é licenciado en Xornalismo pola Universidade de Gales e a Esco; foi xefe de prensa da Selección Española de Baloncesto; traballou para o Grupo Liberdade Dixital e colaborou con diferentes medios. Foi ademais senador da XIII Lexislatura.

05 Febreiro 2020
Notas de prensa