Xubílase Ramón Jiménez Pérez, Coordinador de actividades culturais da Casa de Galicia

Notas de prensa
02/01/2022
02/01/2022
01/02/2022

Xubílase Ramón Jiménez Pérez, Coordinador de actividades culturais da Casa de Galicia

Onte, 31 de xaneiro de 2022, xubilouse o noso compañeiro Ramón Jiménez, que foi durante os últimos 28 anos o encargado de coordinar e xestionar todas as actividades culturais da Casa de Galicia.

Desde aquí, a que sempre será a súa Casa, queremos que quede constancia a nosa mensaxe de agradecemento pola súa dedicación, o seu bo facer profesional e polo bo ambiente que xerou sempre entre os seus compañeiros.

Especialmente, o persoal da Casa de Galicia quere recoñecer en Ramón non só o bo facer no seu labor como coordinador, senón a súa implicación persoal, conseguindo que cada acto realizado fose único e especial. Desexámoslle que o seu compromiso coa cultura, que tan proveitoso foi durante tantos anos para esta institución, e por tanto, para a proxección de Galicia en Madrid, continúe nutrindo a súa nova vida, a través da literatura e o origami, as súas dúas grandes paixóns.

Despois de todos estes anos de traballo, dedicación e vocación de servizo público, Ramón Jiménez deixa unha pegada indeleble na historia da Casa de Galicia.

01 Febreiro 2022
Notas de prensa
Imaxes