A XUNTA PRESENTA O PROXECTO “ALÉN DO SOLPOR” NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Notas de prensa
06/07/2023
06/07/2023
07/06/2023

A XUNTA PRESENTA O PROXECTO “ALÉN DO SOLPOR” NA CASA DE GALICIA EN MADRID

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias,  presentaron o proxecto “Alén do Solpor" na tarde de onte na Casa de Galicia en Madrid, para medios especializados e turoperadores turísticos.

A Directora Xeral de Turismo destacou que é un proxecto que non só permite impulsar unha modalidade de turismo sostible e responsable, senón que tamén contribúe á desestacionalización do turismo.

Alén do Solpor é un proxecto que se desenvolve na Costa da Morte que propón unha nova interpretación do destino da Costa da Morte, articulando nela todos os recursos que vinculan este territorio co legado histórico-cultural do sol.

Nava Castro destacou ante os asistentes  a riqueza e os atractivos que ofrecen o dezasete concellos desta singular costa. Praias, acantilados, cerros, ata o característico clima, a súa flora e fauna conforman unha xeografía prístina e inmaculada. As actividades sociais, a antropoloxía, os costumes, o folclore, a gastronomía, as festas, as romarías, e a linguaxe. Un patrimonio histórico-artístico que nace na prehistoria co megalitismo, os petróglifos e os castros, que se torna impoñente na arquitectura medieval con construcións relixiosas e civís como castelos e palacios. Tampouco hai que esquecer as obras erixidas por devoción popular como cruceiros e petos relixiosos, ou mesmo arte de vangarda, museos e centros de interpretación ou faros. 

Grazas a esta iniciativa podemos visibilizar a incomparable riqueza paisaxística e cultural deste territorio, onde a natureza, o patrimonio artístico e as lendas van da man  a cada paso do camiño. “Esta iniciativa non fai máis que ampliar a espectacular oferta turística que temos en Galicia”, indicou Nava Castro.

07 Xuño 2023
Notas de prensa
Imaxes