Máis de 60 adegas das cinco denominacións de orixe galegas participan na promoción.
Durante cinco fins de semana consecutivos dos meses de maio e xuño de 2022, as 63 adegas participantes na XI edición das ‘Xornadas de Puertas Abertas dos Viños de Galicia’ ofrecerán visitas guiadas e gratuítas a quen queira coñecelas, e obsequiarán ao visitante cunha degustación dos mellores viños das denominacións de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra ou Valdeorras.
É unha ocasión perfecta para coñecer tanto as modernas e equipadas instalacións das grandes adegas galegas como as máis pequenas, acolledoras e familiares, onde os colleiteiros mostraranche o seu esmerado traballo con agarimo e proximidade, e ofreceranche os seus aromáticos e saborosos viños para que os degustes con todos os sentidos no seu lugar de orixe.
Ademais das visitas gratuítas ás adegas, nos restaurantes participantes na promoción poderanse elixir entre dous menús pensados especialmente para esta ocasión, que constarán de primeiros e segundos pratos -ambos os maridados con viños da Denominación de Orixe na que se atopen- e sobremesa. Algúns dos restaurantes participantes tamén ofrecerán menús infantís para nenos menores de 12 anos que acompañen aos adultos.
En cada Roteiro poderás atopar ademais un programa especial de actividades para a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, roteiros monumentais, paseos en barca, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño.
CALENDARIO E HORARIOS
As XI Xornadas de Puertas Abertas dos Viño de Galicia celébranse durante 5 fins de semana de maio e xuño co seguinte calendario:
Roteiro do Viño do Ribeiro – do 13 ao 15 de maio
Roteiro do Viño de Rías Baixas – do 20 ao 22 de maio
Roteiro do Viño de Valdeorras – do 27 ao 29 de maio
Roteiro do Viño de Ribeira Sacra – do 3 ao 5 de xuño
Roteiro do Viño de Monterrei – do 10 ao 12 de xuño
En cada roteiro realizaranse tres visitas guiadas os sábados e una o domingo, co seguinte horario de atención ao público:
Sábados – 11.00 h, 12.30 h e 17.00 h
Domingos – 12.00 h
Recoméndase confirmar visítaa vía telefónica coa adega correspondente
MÚSICA E VIÑO
Con motivo desta XI edición das Xornadas de portas abertas dos Roteiros dos viños de Galicia creáronse cinco composicións musicais orixinais inspiradas e compostas especialmente para cada unha das cinco denominaciones de orixe dos viños de Galicia. A personalidade dos viños galegos, a terra da que nacen, a paisaxe que reflicten ou a cultura da que son froito son elementos cos que os compositores galegos Ana Rodríguez e Carlos Calviño, traballaron para maridar estes cinco temas cada denominación de orixe vitivinícola galega. O resultado deste traballo, que conta coa colaboración do enólogo Jorge Hervella, é un conxunto de pezas orixinais que permiten paladear os nosos viños a través dunha singular experiencia musical.
CONCURSOS EN FACEBOOK
No Facebook de Turismo de Galicia haberá tres concursos por cada unha das Roteiros do Viño, cun total de 15 premios consistentes nunha noite de aloxamento para dúas persoas en habitación dobre, nun dos establecementos participantes na promoción, e a comida do día seguinte nalgún dos restaurantes asociados ao Roteiro. Segue as nosas redes sociais e participa!
www.facebook.com/turgalicia
www.rutasviñosgalicia.gal
DESCARGAS
Vídeos e composicións musicais
O folleto en papel, así como o mapa das 5 denominacións de orixe coa localización das adegas, estará dispoñible na Oficina de Turismo de Galicia en Madrid ata final de existencias.