A Deputación de Ourense e os balnearios de Laias, Cortegada, Lobios, Partovia e Arnoia lanzaron a campaña "1.000 sesións termalles a 1 euro", co obxectivo de popularizar o turismo de saúde e promocionar a cultura termal na provincia. Os balnearios participantes, todos con augas mineiro-medicinais de uso lúdico e terapéutico, achegarán en conxunto 1.000 sesións termais que poderán gozarse entre os meses de outubro e novembro, de luns a domingo, en diferentes franxas horarias, e cunha duración por sesión de entre unha hora e media e dúas horas, en función do balneario elixido.
A reserva das sesións balnearias poderán realizarse a partir do 29 de setembro a prezo especial único de 15 euros, importe sobre o que haberá códigos de desconto de 14 euros, polo que o prezo final será de 1 euro por sesión. O acceso ás 1.000 prazas será por orde de solicitude, e a reservas poderanse tramitar a través de I nternet previa inscrición, que pode facerse xa na páxina da promoción: https://raiatermal.com/signup.
Os primeiros 250 códigos de desconto poñeranse ao dispor dos interesados na caseta da Deputación de Ourense da Feira Internacional de Termalismo, Termatalia, que comeza o 29 de setembro no recinto feiral Expourense. O resto ofertaranse na internet a través de redes sociais e doutros eventos que se irán anunciando na web da organización. Os códigos de desconto poderán utilizarse ata completar as prazas ofertadas na promoción, serán individuais e cada persoa poderá utilizar un só código.
MÁIS INFORMACIÓN E RESERVAS EN : www.raiatermalou.com/promocion
Teléfono de consultas: 999 317 760 (Área de Benestar – Deputación de Ourense)