A obra de Peter Lindbergh converte A Coruña no centro mundial da fotografía coa exposición ‘Untold Stories’

Seleccionada polo diario Financial Times como unha das cinco citas culturais máis importantes do mundo para este outono-inverno, a exposición fotográfica ‘Untold Stories’, que reúne máis de 150 instantáneas do icónico fotógrafo Peter Lindbergh, permanecerá accesible ao público no Peirao da Batería do porto da Coruña, do 4 de decembro ao 28 de febreiro de 2022. Un evento que supoñerá un potente polo de atracción de visitantes á cidade.

Trátase da primeira exposición comisariada polo propio Lindbergh, que completou a mostra pouco antes da súa morte en setembro de 2019, e cobra especial relevancia porque nela expoñeranse fotografías inéditas que desvelan unha faceta descoñecida do seu traballo. A mostra reúne máis de 40 anos da obra do prolífico fotógrafo polaco, que inmortalizó en branco e negro a algúns dos rostros e corpos máis soados do mundo da moda e o cinema cunha grandiosa sensibilidade e forza cativadora.

A mostra, que de entrada gratuíta, está organizada pola Fundación Lindbergh, e será situada nos recentemente reacondicionados silos de Cementos do Cantábrico e unha antiga nave reconvertida, situada no peirao de Batería do porto da Coruña.

Datas: do 4 de decembro ao 28 de febreiro de 2022.

Máis información en : www.peterlindbergh-coruna.com

 

 

Imaxes