Trens Turísticos: a forma de coñecer os recunchos máxicos de Galicia e esquecerse do coche

Os Trens Turísticos de Galicia retoman a súa andaina con 11 roteiros exclusivos para dar a coñecer cada recuncho de Galicia dunha forma única, que poderán gozarse cada sábado ata o próximo mes de outubro. Trátase de roteiros temáticos, dunha xornada de duración, que nos permitirán penetrar nos recunchos máis especiais de Galicia, desde catedrais e mosteiros cargados de máxico misticismo, ata os santuarios naturais máis espectaculares da nosa xeografía, pasando por impoñentes xardíns históricos, adegas icónicas das 5 denominacións de orixe, emblemáticos pazos señoriais, os faros máis setentrionais da península ou os cantís marítimos máis altos de Europa.

Todos os roteiros inclúen actividades de lecer complementarias, como degustacións de viño en adega, de requeixo e mel, cerimonia da “queimada”, paseos marítimos en barco sobre históricos galeóns afundidos, ou paseos fluviais atravesando impresionantes canóns de viticultura heroica. Ademais, un guía oficial de turismo acompañará en todo momento aos viaxeiros para poñelos en contexto en cada fito do roteiro.

Os roteiros dos Trens Turísticos de Galicia desta tempada son:

1. Roteiro dos Faros; con saída de Ferrol e achegamentos gratuítos desde A Coruña

2. Roteiro polos Pazos e Xardíns Históricos; Saídas: Santiago / Achegamentos: A Coruña.

3. Roteiro do Viño da Ribeira Sacra (Río Sil); Saída: Ourense / Achegamentos: desde Vigo e Santiago.

4. Roteiro do Viño da Ribeira Sacra (Río Míño); Saída: Ourense / Achegamentos: desde Vigo e Santiago.

5. Roteiro dos Viños da Ribeira Sacra e Valdeorras; Saída: Ourense / Achegamentos: desde Vigo e Santiago.

6. Roteiro do Veu Rías Baixas, Saídas: Santiago / Achegamentos: A Coruña.

7. Roteiro dos Viños do Ribeiro e Rías Baixas; Saída: Ourense / Achegamentos: desde Vigo e Santiago.

8. Roteiro do Viño de Monterrei; Saída: Ourense / Achegamentos: desde Vigo e Santiago.

9. Roteiro da Lamprea; Saída: Pontevedra / Achegamentos: desde Vigo e Santiago.

10. Roteiro dos Mosteiros; Saída: Santiago / Achegamentos: desde A Coruña e Vigo.

11. Roteiro polos Camiños de Santiago; Saída: A Coruña / Achegamentos: desde Santiago.

Os trens turísticos realizarán un total de 22 saídas ata o 9 de outubro, data na que un último Roteiro de os Viños de Ribeiro-Rías Baixas poñerá o peche á tempada.

Os billetes para os trens turísticos poden adquirirse nos despachos de billetes de calquera estación de Renfe, así como na súa páxina web (www.renfe.es) e nas axencias concertadas con Renfe. Mantense o prezo de anos anteriores, que é de 45 € para o billete de adulto, e 20 € para o de nenos de 3 a 13 anos. Os grupos a partir de 10 viaxeiros terán un desconto do 15%.

Na oficina de turismo de Galicia en Madrid puxéronse ao dispor do público as guías dos Trens Turísticos de Galicia 2021, aínda que tamén se pode obter información completa dos itinerarios e das datas de saída de cada roteiro (e descargarse a guía en pdf) na seguinte ligazón: ROTEIROS TRENS TURÍSTICOS 2021.

 

Datas
Imaxes