Trens Turísticos, goza dos recunchos máxicos de Galicia e esquécete do coche

Na edición de 2026 pódese elixir entre 13 roteiros temáticos, con 33 circulacións ata outubro

 

Turismo de Galicia proponche unha fascinante viaxe nos seus trens turísticos, con 12 roteiros dun día que combinan desprazamentos cómodos con visitas guiadas e experiencias que deixan pegada. Con cada unha delas poderás descubrir recunchos e enclaves máis belos e máxicos que atesoura Galicia, como achegarche ao momento máis setentrional da península Ibérica e a algúns dos cantiis de costa máis altos da Europa continental; deixarche sorprender pola paisaxe dos bancales da viticultura heroica da Ribeira Sacra ou pasear polos impresionantes xardíns custodiados por pazos centenarios. Pero tamén poderás gozar da nosa gastronomía en visitas a adegas e queixarías e mesmo plantacións de té, ou mergullarche no pasado histórico achegándoche a castros, vilas medievais, mosteiros e castelos.

Os Trens Turísticos de Galicia regresan en 2026 con 13 roteiros temáticos dun día, deseñadas para percorrer distintos puntos do territorio de forma organizada e sen necesidade de coche, sempre en compañía dun guía que amenizará o percorrido e cada unha das visitas que inclúen os roteiros. As saídas realízanse todos os sábados ata o 3 de outubro, cun total de 33 circulacións ao longo da tempada. Cada itinerario propón unha aproximación diferente ao patrimonio galego: desde catedrais e mosteiros ata espazos naturais de especial valor, pasando por xardíns históricos, pazos, faros do litoral ou zonas vitivinícolas vinculadas ás cinco denominacións de orixe.

Todos os roteiros inclúen un programa de actividades complementarias que varía segundo o percorrido: visitas a adegas con degustación de viños, catas de produtos como o mel ou o requeixo, demostracións tradicionais como a queimada ou traxectos fluviais en barco por enclaves especialmente singulares, como os canóns da Ribeira Sacra. Durante toda a xornada, un guía oficial acompaña ao grupo e contextualiza cada unha das paradas.

Ademais dos dous traxectos realizados en marzo no Roteiro da Camelia en Flor, os roteiros que se ofrecen para 2026 son as seguintes:

Roteiro dos Faros, con saída de Ferrol e posibilidade de achegamento en autobús desde A Coruña.
Saídas: 6 e 20 de xuño; 1 e 18 de xullo; 29 de agosto, e 26 de setembro.

Roteiro de Pazos e Xardíns Históricos, con saída de Santiago e achegamentos desde A Coruña. 
Saídas: 1 de agosto e 5 de setembro.

Roteiro do Viño de Ribeira Sacra (Río Sil), con saídas desde Ourense e achegamentos desde Santiago e Vigo.
Saídas: 6 e 27 de xuño, 11 de xullo, 1 e 22 de agosto e 12 de setembro.

Roteiro do Viño de Ribeira Sacra (Río Míño), con saída de Ourense e achegamentos desde Santiago e Vigo.
Saídas: 13 de xuño, e 5 e 26 de setembro

Roteiro dos Viños de Ribeira Sacra e Valdeorras, con saída de Ourense e achegamentos desde Santiago e Vigo.
Saídas: 8 de agosto e 19 de setembro.

Roteiro do Viño Rías Baixas, con saída de Santiago e achegamentos desde A Coruña.
Saídas: 11 de xullo e 12 de setembro.

Roteiro do Viño do Ribeiro e Rías Baixas, con saída de Ourense e achegamentos desde Santiago e Vigo.
Saída única: 18 de xullo

Roteiro de Viño de Monterreri, con saída de Ourense e achegamentos desde Santiago e Vigo.
Saídas: 4 de xullo e 29 de agosto.

Roteiro dos Mosteiros, con saída de Santiago e achegamentos desde A Coruña e Vigo.
Saídas: 20 de xuño e 25 de xullo.

Roteiro dos Queixos de Galicia, con saída da Coruña e achegamentos desde Santiago.
Saídas: 22 de agosto e 3 de outubro.

Roteiro das Mariñas, Con saída da Coruña e achegamentos desde Santiago.
Saídas: 1 de agosto e 5 de setembro.

Roteiro Experiencia Mega e A Coruña de 1906, con saída de Santiago e achegamentos desde Ourense.
Saída única: 15 de agosto

Os billetes poden adquirirse nos despachos de billetes da calquera estación de tren, a través axencias concertadas e a través da web de Renfe , con tarifas de 50 € para adultos e 25 € para nenos de 3 a 13 anos, e cun 15% de desconto para grupos a partir de 10 persoas. A información detallada de itinerarios e datas está dispoñible na web Turismo de Galicia desde onde se pode descargar a guía completa en formato pdf.

A Oficina de turismo de Galicia en Madrid ten ao dispor do público a guía impresa dos Trens Turísticos de Galicia 2026.

Teléfono de reservas e vendas: 912 320 320

Imágenes