Alejandra Seijas inaugura a "Exposición de fotografías del Rastro de Madrid", o venres 6 de septembro na sala Espacio Rastro Madrid

Actos
09/06/2019
09/06/2019
06/09/2019

Alejandra Seijas inaugura a "Exposición de fotografías del Rastro de Madrid", o venres 6 de septembro na sala Espacio Rastro Madrid

Alejandra Seijas, madrileña descendente de pontevedreses de Lalín e fotógrafa da axencia Lalinpress, inaugura o vindeiro venres, 6 de setembro de 2019, a Exposición de fotografías del Rastro de Madrid, na sala Espacio Rastro Madrid (rúa San Cayetano, 5 – Madrid), ás 19,00 horas.

A mostra está composta por obras que axuntan dúas paixóns de Seijas: as antigüidades e El Rastro, cuxo ambiente e protagonistas retrata cada domingo desde nena, ao punto de que fai catro anos creou Todo Rastro, unha conta de Instagram onde exhibe imaxes dos avatares do coñecido mercado ao aire libre, do que se converteu en cronista gráfica. Agora, a maioría das súas fotografías realízaas co móbil, instrumento que lle permite pasar máis desapercibida que a tradicional cámara.

Seijas é membro dunha familia de fotógrafos, profesión que exerceron os seus avós paternos e que continuaron os seus tíos e o seu pai, Manuel Seixas, creador da axencia Lalinpress, que toma o nome do seu pobo e informa dos eventos que en Madrid ten por protagonistas a Galicia e/ou os galegos.

06 Setembro 2019
Actos
Imaxes