Celebración do Día das Letras Galegas en Madrid

Actos
05/14/2013
05/20/2013
14/05/2013 - 20/05/2013

Celebración do Día das Letras Galegas en Madrid

O Centro de Estudos Galegos de la Universidad Complutense de Madrid, en colaboración coa Xunta de Galicia, o Espazo das Linguas Ibéricas, a Universidade Nacional de Educación a Distancia e a Asociación de Mulleres Galegas no Exterior "Rosalía de Castro" celebran o Día das Letras Galegas, que este ano se dedica ao dramaturgo e actor Roberto Vidal Bolaño, cun amplo programa de actividades que se desenvolverán os días 14, 16, 17 e 20 de maio de 2013 na UCM (Edifico de Filosofía A, Sala de Xuntas e Paraninfo), no Espazo das Linguas Ibéricas (Auditorio Ambrosio Morales), na UNED (sede Escolas Pías) e no Club de Amigos da Unesco de Madrid.

Por outra parte, como é habitual, a Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia tamén se suma á celebración do Día das Letras Galegas en Madrid. Nesta ocasión hai o o xoves 16 de maio, ás 19 horas, cunha conferencia a cargo da actriz Uxía Blanco, que traballou con Vidal Bolaño nas películas Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro, e A lingua das bolboretas, de José Luis Cuerda.

Pódese consultar o programa completo e ver o contido das actividades na páxina web creada para as xornadas: http://letrasgalegasmadrid.wix.com/2013.

Por outra parte, como é habitual, a Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia tamén se suma á celebración do Día das Letras Galegas en Madrid. Nesta ocasión hai o o xoves 16 de maio, ás 19 horas, cunha conferencia a cargo da actriz Uxía Blanco, que traballou con Vidal Bolaño nas películas Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro, e A lingua das bolboretas, de José Luis Cuerda.

Máis información, na portada desta web.

14 Maio 2013
-
Actos